José María Eiros Bouza, nado en Mondoñedo o 26 de marzo de 1959, é un microbiólogo e doutor galego, que brevemente foi tamén político.
Traxectoria De mozo, foi facer o bacharelato ao colexio dos xesuítas de Valladolid, e na universidade desa cidade licenciouse, e despois doutorouse en Medicina e Cirurxía. Dá clase na Universidade de Valladolid, e traballa ao mesmo tempo como microbiólogo no hospital universitario desa cidade, do que chegou a ser xerente.
Formou parte da candidatura do Partido Popular ao Congreso dos Deputados pola provincia de Valladolid nas eleccións xerais de 2015, e saíu elixido. Porén, foi unha lexislatura que non chegou a arrincar propiamente, dado que non se conseguiu formar goberno, e cesou do seu escano como deputado só uns meses máis tarde, na primavera de 2016. Non repetiu como candidato nas listas do PP nos comicios que seguiron.
Ademais ten autoeditadas unha serie de obras humorísticas en verso, ilustradas por unha compañeira de hospital, compostas en letrilla castellana, ademais de monografías da súa especialidade médica. Obra Vacuna desde la cuna (2015) Gestor con sentido del humor (2015) Asómate a Harambee (2015) Sonría su señoría (2016) Cuestiones esenciales en enfermedades infecciosas (2016)
Notas
Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Médicos de Mondoñedo Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1959 Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes