María Elisa Beni Uzabal, coñecida como Elisa Beni, nada en Logroño o 31 de xullo de 1965, é unha xornalista e escritora española. Converteuse na directora de periódico máis nova ao se facer con 23 anos de El Faro de Ceuta.

Traxectoria Licenciouse en Ciencias da Información na Universidade de Navarra. Ten traballado en La Voz de Almería, La Razón e na desaparecida revista Época.

Foi redactora do tamén desaparecido xornal Diario 16.​ Foi directora de emisoras da Cadena SER e traballa como colaboradora habitual do programa de Julia Otero en Onda Cero, Julia en la onda;​ así coma de diversos programas de televisión como Las Mañanas de Cuatro, Al Rojo Vivo, Más vale tarde, laSexta Noche (laSexta), Espejo público (Antena 3) e Madrid al Día (Telemadrid).​

En 2004, foi nomeada directora de comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid,​ sendo destituída en 2008 «por perda de confianza»,​ por mor da publicación, do libro La soledad del juzgador. Este libro foi editado pola Editorial Planeta, en novembro de 2007 apenas vinte días despois da sentenza do caso e nel relátase o proceso xudicial do caso do 11-M. Na obra periodística, aparecía como protagonista o que, daquela, era o seu marido, Javier Gómez Bermúdez, que exercera coma xuíz instrutor do caso e provocou certas queixas doutros maxistrados.

Faladoiros e foros de opinión A maiores da obra escrita en medios e publicación literarias, tamén está moi presente como convidada en espazos televisivos e foros de opinión.

Vida persoal En 2001, casou en segundas nupcias co xuíz Javier Gómez Bermúdez, maxistrado da Audiencia Nacional, divorciándose en abril de 2014.

Obras

Levantando el velo. Manual de periodismo judicial (2006). Con Javier Gómez Bermúdez. Barcelona: CIE Inversiones Editoriales Dossat-2000, S.L., ISBN 9788496437395 La soledad del juzgador (2007) Barcelona: Temas de Hoy. ISBN 9788484606833 La Justicia sometida (2015). Madrid: Los Libros de la Catarata. ISBN 978-84-9097-024-9 Comunicación jurídica (2016). Barcelona: Tirant lo Blanch. ISBN 9788491199519

Novela

Peaje de libertad (2014). Barcelona: Espasa ISBN 9788467041842 Pisa mi corazón (2017). Córdoba: Editorial Almuzara ISBN 978-84-16776-15-3

Notas

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Logroño Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra