miniatura|230px|Lepus othus Lepus é un subxénero de mamíferos lagomorfos da familia dos lepóridos pertencente ao xénero homónimo Lepus, que comprende tres especies de lebres.

Características As tres especies incluídas no subxénero caracterízanse polo seu tamaño grande (duns 60 cm de lonxitude e 5 kg de peso de media), a súa constitución repoluda, con patas curtas e cubertas con pelo incluso nas plantas do pé e provistas de uñas fortes, orellas pequenas e curtas, pero, sobre todo, pola característica de teneren dúas pelaxes, unha branca en inverno (coa punta das orellas e da cola negra), e outra de verán, de cor parda.

Taxonomía Descrición O subxénero foi descrito por Linneo en 1758,Lepus Linnaeus, 1758 en MSW.Lepus (Lepus) Linnaeus, 1758 no ITIS. na páxina 57 do volume 1º do seu Systema Naturae.

Especies Neste subxénero recoñécense na actualidade as tres especies seguintes: Subxénero Lepus Linnaeus, 1758 Lepus arcticus Ross, 1819 – Lebre ártica ou lebre do Ártico Lepus othus Merriam, 1900 – Lebre de Alasca ou lebre de Bering Lepus timidus Linnaeus, 1758 – Lebre de montaña ou lebre de Eurasia

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore, Maryland, USA e Londres Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Lagomorfos Lepóridos Lepus

Categoría:Lagomorfos Categoría:Taxons descritos por Linné