O voo 301 de Lao Airlines era un servizo regular doméstico de pasaxeiros dende Vientiane ata Pakse, en Laos. O día 16 de outubro de 2013 o ATR 72-600 que operaba a ruta esnafrouse no río Mekong preto de Pakse, matando ás 49 persoas a bordo. Foi o primeiro accidente dun ATR 72-600 e o peor no chan de Laos.

O informe da investigación concluíu que a causa probable do accidente foi o fallo da tripulación en executar axeitadamente o procedemento de aproximación infrutuosa tras abortar a aterraxe no aeroporto de Pakse.

Notas

Lao Airlines 0301 Lao Lao Airlines