Un vector lanzadeira (shuttle vector) é un vector (usualmente un plásmido) construído para que se poida propagar en dúas especies hóspede diferentes. Por tanto, o ADN inserido nun vector lanzadeira pode ser comprobado ou manipulado en dous tipos celulares diferentes. A principal vantaxe destes vectores é que poden ser manipulados en Escherichia coli, e despois usados nun sistema no que é máis difícil ou máis lento de usar (por exemplo, lévedos).
Os vectores lanzadeira inclúen plásmidos que poden propagarse en eucariotas e procariotas (por exemplo, tanto en Saccharomyces cerevisiae coma en Escherichia coli) ou en diferentes especies de bacterias (por exemplo, tanto en E. coli coma en Rhodococcus erythropolisYang et al., Characterization of the mobilization determinants of pAN12, a small replicon from Rhodococcus erythropolis AN12. Plasmid 57, 71-81.Universidade de Rochester). Tamén hai vectores lanzadeira que son adenovirus, que poden propagarse en E. coli e mamíferos.
Os vectores lanzadeira son utilizados frecuentemente para facer rapidamente múltiples copias do xene en E. coli (amplificación). Poden tamén utilizarse en experimentos in vitro e modificacións (por exemplo, mutaxénese, PCR).
Un dos tipos máis comúns de vectores lanzadeira é o vector lanzadeira de lévedo.Sherman, Fred. "9 Yeast Vectors" http://dbb.urmc.rochester.edu/labs/Sherman_f/yeast/9.html (acceso 30 de setembro de 2007).. Case todos os vectores usados correntemente de S. cerevisiae son vectores lanzadeira. Os vectores lanzadeira de lévedos teñen compoñentes que permiten a replicación e selección tanto en células de E. coli coma en células de lévedos. O compoñente de E. coli dun vector lanzadeira de lévedo inclúe unha orixe de replicación e un marcador seleccionable, por exemplo, a resistencia a antibióticos, a beta lactamase ou a beta galactosidase. O compoñente lévedo dun vector lanzadeira de lévedo inclúe unha secuencia que se replica autonomamente (ARS), un centrómero de lévedo (CEN), e un marcador seleccionable de lévedo (por exemplo, URA3, un xene que codifica un encima para a síntese de uracilo.Molecular Cell Biology, Lodish et al., 6th ed. Free online: https://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?rid=mcb.TOC (accessed 17 Oct 2007)
Notas
Véxase tamén Bibliografía An Introduction to Genetic Analysis, Griffiths et al., 7th ed. Principles of Genetics, Snustad & Simmons, 4th ed.
Categoría:Bioloxía molecular