O voo 759 de Pan Am era un servizo doméstico regular de pasaxeiros dende Miami ata San Diego, con escalas en Nova Orleáns e Las Vegas. O día 9 de xullo de 1982 o Boeing 727 que operaba a ruta esnafrouse no suburbio de Kenner de Nova Orleáns despois de verse forzado a baixar por unha microrráfaga de vento tras a engalaxe. As 145 persoas a brdo e 8 en terra morreron. O accidente foi o que máis vítimas mortais tivo no ano 1982.
Avión e tripulación O avión implicado, un Boeing 727-235 de 14 anos, con rexistro N4737 e número de construción 19457/518, fora entregado a National Airlines o 31 de xaneiro de 1968. O aparello estaba equipado con tre motores Pratt & Whitney JT8D-7B, e fora rebautizado de 37 Susan/Erica e Clipper Defiance tras a fusión de National con Pan Am.
No momento do accidente o avión levaba 138 pasaxeiros e 7 tripulantes. O capitán era Kenneth L. McCullers, de 45 anos e con 11 727 horas de voo, incluídas 10 595 no Boeing 727. McCullers foi descrito por outros como un piloto "por riba da media", con quen era "confortable" voar debido ao seu excelente xuízo e habilidade para o mando. O primeiro oficial era Donald G. Pierce, de 32 anos e con 6 127 horas de voo 3 914 delas no Boeing 727. Pierce foi descrito por outros capitáns como un piloto concienzudo con excelentes coñecementos de sistemas de avións e de procedementos e técnicas de voo da compañía. O enxeñeiro de voo era Leo B. Noone, de 60 anos e con 19 904 horas, 10 508 no Boeing 727. Os tres tripulantes non informaran de problemas de sono ou de saúde e pasaran as súas probas sen problemas.
Notas
Pan Am 0759 Pan Am Pan Am