Yalitza Aparicio Martínez, nada na Heroica Ciudad de Tlaxiaco, Oaxaca o 11 de decembro de 1993, é unha actriz de cinema e docente mexicana, recoñecida pola súa participación no filme Roma, no cal interpreta a Cleo, obra dirixida por Alfonso Cuarón en 2018. A revista Time clasificouna como a mellor actuación de 2018, e nesta publicación figuran artistas do talle de Lady Gaga, Melissa McCarthy e Rami Malek, consideradas as dez mellores actuacións dese ano.

Traxectoria Yalitza Aparicio naceu o 11 de decembro de 1993 en Heroica Ciudad de Tlaxiaco, Oaxaca. Ten ascendencia mixteca.

Aparicio non tiña experiencia na actuación, pois a súa profesión é docente de preescolar. Antes de ser chamada por Alfonso Cuarón para participar no filme Roma, seguía estudando para ser educadora.

En decembro do 2018 converteuse na portada da revista Vogue en México.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Actores de cinema de México