O Instituto Kavli de Nanociencia de Delft (en neerlandés: Kavli Institute of Nanoscience Delft -KIND-) é unha institución académica e científica estabelecida en 2004 en dous departamentos da Universidade de Tecnoloxía de Delft: o Departamento de Nanociencia Cuántica e o Departamento de Bionanociencia.Kavli Institute of Nanoscience Delft .
O instituto ten a súa orixe nunha doazón de fondos pola Fundación Kavli, dos Estados Unidos, e é a única entidade xurdida desa fundación fóra de territorio estadounidense. As súas investigacións céntranse en aspectos como a biofísica monomolecular ou o procesamento de información cuántica de dispositivos nanoescala."About Kavli ". Kavli Institute of Nanosciece Delft.
O instituto conta cun cadro de 50 profesores investigadores."Faculty members ". Kavli Institute of Nanoscience Delft. En 2012, catro dos dez científicos dos Países Baixos máis citados nas publicacións científicas pertencían á institución.Van Calmthout, M. "Topwetenschapper is natuurkundige of arts". En De Volkskrant. 27 de outubro de 2012.
Ademais do seu cadro investigador estable, desde 2017 existe no instituto unha liña de bolsas de investigación posdoutoral en bionanociencia ."Kavli Postdoctoral Fellowships ". Kavli Institute of Nanoscience Delft. Ese mesmo ano creouse tamén un programa de visitas de profesores de excelencia mediante o cal cada ano se lle ofrece a un científico de recoñecemento internacional a posibilidade de participar nas investigacións do instituto como profesor visitante; os dous primeiros foron Hagan Bayley, da Universidade de Oxford, e Amir Yacoby da Universidade Harvard."Kavli Chair ". Kavli Institute of Nanoscience Delft.
A modo de colaboración, o Instituto Kavli de Nanociencia de Delft encárgase do desenvolvemento do programa de investigación da Casimir Research School ("Escola de Investigación Casimir"), unha institución científica e académica dependente conxuntamente da Universidade de Leiden e da Universidade de tecnoloxía de Delft.Casimir Research School.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio web do Instituto Kavli de Nanociencia Sitio web da Fundación Kavli de Nanociencia
Categoría:Universidade de Tecnoloxía de Delft Categoría:Nanotecnoloxía