O Partido Democrático (, PD) é un partido político de Italia. O partido foi fundado o 14 de outubro de 2007, a través da fusión de varios partidos de centro-esquerda, que acudiran xuntos en Unione e en L'Ulivo (en galego, A Oliveira) dende a década de 1990, nos cales destacaban, dous partidos: os Democratici di Sinistra (DS; en galego: Demóratas de Esquerda), herdeiros do antigo Partido Comunista Italiano e, a Democrazia è Libertà - La Margherita (en galego, Democracia é Liberdade-A Margarida), composto pola ala esquerda da antiga Democracia Cristiá e que andaban á procura da unificación do centroesquerda italiano.

Posteriormente, engadíronse outros grupos políticos: Repubblicani Europei (Movemento Europeo Republicano) de ideoloxía social-liberal, Italia de Novo (centro), Alianza Reformista (socialdemócrata) etc.

O PD a pesar de ser descrito como socialdemócrataCollin & Martin (2012), p. 218, ten varias correntes internas. Por iso, o partido pode ser definido coma un catch-all-party, porque, dentro do partido, hai liberais, que defenden o liberalismo económico, coma Matteo Renzi, que segue unha liña inspirada pola Terceira vía de Tony Blair, pasando pola esquerda cristiá, até socialistas democráticos, próximos aos sindicatos da socialdemocracia tradicional.

Traxectoria

As primeiras propostas para un novo partido En 2003, Michele Salvati, elixido nas listas dos demócratas de esquerda, publicou varios artigos nos xornais Il Foglio e La Repubblica, nos que bosquexaba un novo partido, a partir dos axentes sociais da cultura democrática, dos cristiáns-sociais e dos socio-liberais. A idea de Salvati, foi recuperada e apoiada por Romano Prodi, daquela, presidente da Comisión Europea que pretendía unha lista común de todo o centro-esquerda para as eleccións europeas de 2004. Nela estarían incluídos, Democratici di Sinistra (socialdemócratas) e Democrazia è Libertà - La Margherita (centristas de tipo cristián-sociais e socioliberais), Socialisti Democratici Italiani (SDI) e Repubblicani Europei. A lista, Uniti nell'Ulivo, conseguiu un 31,1% dos votos e 25 europarlamentarios que se dividiron en 2 grupos: uns entraron no Grupo socialista e outros na ALDE (Alianza de Liberais e Demócratas Europeos). Igualmente, Prodi, tentou unha lista unitaria nas eleccións xerais italianas de 2006, mais La Margherita preferiu ir soa.

A lista de unidade configurouse para as eleccións rexionais italianas de abril de 2005, mais só se presentaron en 9 das 14 rexións. O 16 de outubro de 2005, realizáronse eleccións primarias para escoller ao novo líder da coalición de centroesquerda, que adoptou o nome de Unione (Unión). Os membros da federación de L'Ulivo (coloquialmente chamada a "Fed") apoiaron a candidatura de Romano Prodi, que acadou o 74% dos votos e se converteu no candidato do centroesquerda á Presidencia do Consello de Ministros de Italia 2006.

O éxito convenceu a La Margherita, que aceptou presentar a lista unitaria de L'Ulivo para a Cámara de Representantes, no entanto cada partido mantivo o seu propio símbolo para as eleccións ao Senado. De seguido, das eleccións primarias, o SDI indicou que non estaba interesado na cración dun partido unitario e acabarían asinando un acordo cos Radicais Italianos na candidatura Rosa nel Pugno.

Nunha asemblea no Club de Prensa de Milán, o 11 de febreiro de 2006, na que participaron persoas da cultura, do periodismo, da política e da economía, para a creación dunha Asociación para o Partido Demócrata. Ademais, o propio Romano Prodi, encargou a trece figuras do mundo da cultura e a política a redacción dun Manifiesto para o Partido Demócrata, un documento que se fixo público en decembro de 2006.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Sitio web oficial Sitio web oficial dos seus deputados na Cámara italiana Sitio web oficial dos seus senadores no Senado italiano Sitio web oficial dos seus eurodeputados Canle oficial de Youtube

Categoría:Partidos políticos de Italia