Cecilia Fernández Santomé, nada en San Simón da Costa (Vilalba) en 1984, é unha filóloga e escritora galega.

Traxectoria miniatura|Cecilia F. Santomé xunto con Raquel C. Pico na presentación de As despedidas na Libraría Paz de Pontevedra. Licenciouse en Filoloxía Francesa pola Universidade de Santiago de Compostela e completou os seus estudos en París e Liverpool. Doutorouse en Teoría da literatura e Literatura comparada pola mesma universidade coa tese Le théâtre de Claire Lejeune: textes et co(n)textes, dirixida por Laurence Malingret.Le théâtre de Claire Lejeune, en Dialnet. En 2012 marchou a Londres, onde iniciou a súa carreira como xestora de contidos dixitais.

Canda a Cristina Fernández fundou en 2016 a extinta revista dixital Coolt, publicación mensual de moda e tendencias en lingua galega. Dende agosto de 2018 colabora regularmente con Dot Magazine.Cecilia Fernández Santomén en Dot Magazine

Obras Quérote. Eu tampouco (2019). Vigo: Xerais. 136 paxs. ISBN 978-84-9121-505-9. ePub: 978-84-9121-509-7. Unha rapaza de provincias (2021). Vigo: Xerais. 104 páxs. ISBN 978-84-9121-993-4. ePub: ISBN 978-84-9121-998-9. As despedidas (2024). Vigo: Xerais. 136 páxs. ISBN 978-84-1110-606-1. Boundaries Road (2026). Vigo: Xerais. 272 páxs. ISBN 978-84-1110-834-8.

Premios

2017: Premio Literario Nortear co relato 34, Rue Saint Jacques. 2021: 3º premio no Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo, por As orfas daquel verán. 2025: Premio Blanco Amor de novela, por Boundaries Road SW12 8HD.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da autora en Xerais

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Gañadores do Premio Blanco Amor Categoría:Nados en Vilalba

Categoría:Nados en 1984