Montse González Álvarez, coñecida co pseudónimo Magadán, nada en Lugo o 8 de maio de 1972, é unha poeta galega.
Traxectoria Estudou no IES Ánxel Fole de Lugo e licenciouse en Filoloxía galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como normalizadora lingüística no Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.
Coordina o programa de radio Verso a Verso, sección da emisora en liña Openradio.es. Colaborou co Grupo colectivo CE-ARTE, de Lugo, entre novembro de 2013 e marzo de 2014. É presidenta da Asociación Cultural Caldaloba e membro da AELG.
En 2016 publicou a súa primeiro poemario en solitario, Chorimas serodias, "un poemario marcadamente intimista onde a poeta bebe das temáticas recorrentes na literatura do XIX como o amor e o desamor, o paso do tempo, a morte e a evasión da realidade, abeirándose no seu universo de maxín e fantasía. No libro poden apreciarse claras referencia á poesía rosaliana, así como ao simbolismo borgiano; destaca, asemade, a utilización harmoniosa que fai dos latinismos e cultismos ao estilo do culteranismo gongorino, presentes en toda a súa obra".
Obra Chorimas serodias, 2016, autoedición. ISBN 9788460854616.
Libros colectivos Alén do silencio, 2014. Un libro de libros, 2014. Galiza-Moçambique: numa linguagem e numa sinfonía, Roteiro das artes internacional, 2016 Angola-Galiza: sementes da lingua, 2017 Manuel María -Libro Colectivo de Homenaxe no seu día das Letras Galegas 17 de Maio 2016, Deputación de Lugo. Mondoñedo é Poesía 2014-2018, Asociación As San Lucas-Mondoñedo, maio 2018.
Libros colectivos en formato dixital Poemas pendurados de Farolas. Lumes nunca máis! Estraperlo Culturalia GZ, 2018.
As Rosalías abriron a fiestra, Estraperlo Culturalia GZ, 2018.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Galicia Dixital
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela