A lingua xârâcùù, ou kanala, é unha lingua austronesia falada maioritariamente na área tradicional de Xaracuu, nos concellos de Canala, La Foa e Boulouparis, na Provincia do Sur, Nova Caledonia. Ten 5 700 falantes nativos (censo de 2009)Ficha do xârâcùù en Ethnologue e o estatuto de lingua rexional de Francia. Este estatuto implica que os alumnos poden facer unha proba opcional en bacharelato en Nova Caledonia mesmo ou na Francia metropolitana.Só cinco das 29 linguas kanakas (no informe Cerquilini de 1999 ou 40 segundo a Academia das Linguas Kanakas) teken este estatuto: drehu (illa de Lifou), nengone (illa de Maré), a'jië (preto de de Houaïlou), paicĩ (preto de Poindimié) e Xârâcùù (a carón de Canala e Thio). Como as outras linguas kanakas é regulado pola "Académie des langues kanak", fundada oficialmente en 2007.
Notas
Categoría:Linguas de Francia Categoría:Linguas malaio-polinesias