O Consello Consultivo de Galicia, creado pola Lei 9/1995, do 10 de novembro, e regulado na actualidade pola Lei 3/2014, do 24 de abril, é o supremo órgano consultivo de Galicia, e actúa de xeito independente. Ten a súa sede no pazo de Amarante na rúa da Algalia de Abaixo en Santiago de Compostela.

Funcións O Consello Consultivo de Galicia emite ditame en cantos asuntos, relativos ás materias sexan sometidos á súa consulta pola Presidencia da Xunta de Galicia, o Consello da Xunta ou calquera das persoas que forman parte del, as administracións do sector público autonómico, as entidades locais e as universidades públicas de Galicia.

No desempeño da súa función ditaminadora exerce o control previo do rigor técnico xurídico das actuacións do órgano consultante, velando do ordenamento xurídico, sen estenderse en valoracións de oportunidade ou conveniencia, agás que así o solicite expresamente o órgano consultante. A consulta ao Consello Consultivo de Galicia é preceptiva en determinados casos, porén os seus ditames non serán vinculantes. Por outra banda, o Consello da Xunta poderá encomendar ao Consello Consultivo a redacción de anteproxectos lexislativos e a elaboración de propostas lexislativas ou de reforma estatutaria. A súa realización deberá axustarse estritamente ao ámbito delimitado polos criterios expresados polo Consello da Xunta. Poderá tamén a Presidencia da Xunta de Galicia solicitar do Consello Consultivo a emisión de informes sobre calquera cuestión concreta cando sexan de transcendencia para a Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, os alcaldes e presidentes de deputacións provinciais poden solicitar do Consello Consultivo a emisión de informes sobre cuestións concretas de especial transcendencia.

Composición Existen dúas categorías de conselleiros os electivos e os natos, teñen carácter nato os expresidentes da Xunta de Galicia.

O seu actual presidente é José Luis Costa Pillado PresidenteJosé Luis Costa PilladoConselleiros/as:Ignacio de Loyola Aranguren PérezAlberte Souto SoutoJosé Antonio Fernández VázquezNora María Martínez YáñezSecretaría Xeral:José Ángel Oreiro Romar

Dende o 2017 non hai membros natos no consello. Previamente serviran coma tales os expresidentes Xerardo Fernández Albor (2007-2017), Emilio Pérez Touriño (2010-2016) e Fernando González Laxe (2008-2009 e 2012-2017)

Notas

Categoría:Administracións públicas de Galicia