O Lockheed AH-56 Cheyenne foi un helicóptero de ataque desenvolvido por Lockheed para o Exército dos Estados Unidos. Xurdiu do programa do Exército Sistema Avanzado de Soporte de Fogo aéreo (AAFSS) para crear o primeiro helicóptero de ataque dedicado en servizo. Lockheed deseñou o Cheyenne usando un sistema de rotor ríxido de catro palas e configurou a aeronave como un helicóptero composto con palas baixas e unha cola cunha hélice de pulo cun motor turboeixo General Electric T64. O Cheyenne tiña que ter unha alta velocidade para operar como escolta armada aos helicópteros de transporte do Exército como o Bell UH-1 Iroquois.

En 1966 o Exército premiou a Lockheed cun contrato por dez prototipos do AH-56, pero como recurso provisional tamén pediu o menos complexo AH-1 Cobra como helicóptero de ataque para combater en Vietnam. O AH-56 realizou o seu primeiro voo o 21 de setembro de 1967. En xaneiro de 1968 o Exército asinou un contrato de produción con Lockheed, baseándose no progreso das probas de voo. Un accidente fatal e problemas técnicos afectaron ao rendemento atrasando o desenvolvemento do Cheyenne e levando á cancelación do contrato de produción o 19 de maio de 1969.OAVCSA 1973, p. 7 O desenvolvemento do Cheyenne continuou coa esperanza de que finalmente entrase en servizo.

Pero a medida que a participación estadounidense no Vietnam se reducía, o Exército cancelou o programa Cheyenne o 9 de agosto de 1972. Nesa época o AH-1 Cobra estaba amplamente despregado polo Exército durante a guerra de Vietnam equipado co mísil anti-carro TOW. A polémica coa USAF sobre o papel do Cheyenne en combate ademais do clima político en relación aos programas militares de adquisición causaron que o Exército modificase os requirimentos para un helicóptero de ataque en favor dun aparello bimotor convencional.Robb 2006, p. 47 O Exército anunciou un novo programa para un Helicóptero de Ataque Avanzado (AAH) o 17 de agosto de 1972,OAVCSA 1973, p. 9 que levou ao desenvolvemento do AH-64 Apache.

Desenvolvemento

Antecedentes Antes do desenvolvemento do AH-56, todos os helicópteros armados foran modificacións de aeronaves existentes deseñadas para usos desarmados.OAVCSA 1973, p. 1 En 1962 o entón Secretario de Defensa estadounidense Robert McNamara convenceu á Xunta Howze a revisar os requisitos para a aviación do Exército. A xunta recomendou unha división aerotransportada apoiada por 90 helicópteros armados.Bonin 1986, pp. 5-6 A recomendación da Xuntae Howze chegou ao mesmo tempo no que o Exército estaba preparando despregar os seus primeiros helicópteros de escolta armados en Vietnam; 15 UH-1A Iroquois foron modificados con sistemas para montar metralladoras, lanzagranadas e foguetes.

En xuño de 1962 Bell Helicopter presentou un novo deseño de helicóptero a oficiais do Exército, coa esperanza de solicitar financiamento para continuar o desenvolvemento. O D-255 Iroquois Warrior foi concibido como un helicóptero de ataque baseado na célula e nos compoñentes dinámicos do UH-1B, cunha torreta montada no nariz, un canón na barriga e ás para levar foguetes ou mísiles anti-carro SS.10.

Notas

Bibliografía

Office of the Assistant Vice Chief of Staff of the Army (OAVCSA). An Abridged History of the Army Attack Helicopter Program. Washington, D.C.: Department of the Army. 1973. Robb, Raymond L. "Hybrid helicopters: Compounding the quest for speed", Vertiflite. Verán de 2006. American Helicopter

Categoría:Helicópteros Categoría:Aeronaves de Lockheed Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1967