Something in the Rain (en hangul: 밥 잘 사주는 예쁜 누나; romanizado: Bap Jal Sajuneun Yeppeun Nuna) é unha serie de televisión surcoreana dirixida por Ahn Pan-seok e protagonizada por Son Ye-jin e Jung Hae-in. A serie significou a volta de Son Ye-jin á pequena pantalla logo de cinco anos. Emitiuse na canle JTBC cada venres e sábado dende o 30 de marzo até o 19 de maio de 2018. Tamén foi distribuída a través de Netflix na súa versión subtitulada.
A serie foi un éxito comercial e un dos dramas surcoreanos con máis audiencia da historia da televisión por cable.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Series de televisión iniciadas en 2018 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2018 Categoría:Series de televisión en lingua coreana Categoría:Series de televisión de Corea do Sur