Acryllium vulturinum é unha especie de ave galiforme da familia dos numídidos que habita nas sabanas de África Oriental, dende Tanzania até Etiopía. Non se recoñecen subespecies.Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
Descrición miniatura|esquerda|Testa da ave. A Acryllium vulturinum é unha grande ave (61–71 cm) cun corpo arredondado e testa pequena. Ten as ás, pescozo, patas e cola máis longas que outras especies de numídidos. O adulto ten a faciana azul espida e o pescozo negro, e aínda que o resto dos numídidos teñen testas sen plumas, esta especie aseméllase a un voitre polo seu longo e espido pescozo e cabeza. No seu pescozo hai unha capa de pelos de punta longa, brillante, azul e branco. O peito é de cor azul cobalto, e o resto da plumaxe do corpo é negra, salpicado de branco. As ás son curtas e redondeadas, e a cola é máis longa que outros xéneros na familia dos numídidos.
Os sexos son semellantes, aínda que a femia é polo xeral lixeiramente máis pequena que o macho e con esporas tarsais máis pequenas. As aves novas son principalmente de cor agrisada marrón, cun peito azul máis esvaecido e pescozo curto.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Pheasants, Partridges and Grouse de Madge and McGowan,
Ligazóns externas Vulturine Guineafowl videos en Internet Bird Collection Vulturine Guineafowl Avicultural Data and Images Vulturine Guineafowl Honolulu Zoo
Categoría:Animais descritos en 1834 Categoría:Galiformes Categoría:Aves de Etiopía Categoría:Aves de Kenya Categoría:Aves de Tanzania