Sufjan Stevens, nado en Detroit, Míchigan o 1 de xullo de 1975, é un cantautor e compositor estadounidense. O seu primeiro álbum A Sun Came foi lanzado en 1999 baixo o selo Asthmatic Kitty, que cofundou co seu padrasto. Recibiu un amplo recoñecemento polo seu álbum de 2005 Illinois, que acadou o número un na lista Top Heatseekers de Billboard, e polo sinxelo "Chicago" do propio álbum. Tamén conseguiu un nomeamento na 90ª edición dos Oscar á mellor canción orixinal por "Mystery of Love" do filme Call Me by Your Name.
Stevens lanzou álbums de diversos estilos, dende a electrónica de Enjoy Your Rabbit e lo-fi folk de Seven Swans até a instrumentación sinfónica de Illinois e a temática de Nadal de Songs for Christmas. Stevens é multinstrumentista, e a miúdo toca varios deles na mesma gravación, e escribe música en varios tempos musicais. Malia que as súas canción incorporan temática cristiá, declarou en numerosas ocasións o seu intento de separar as súas crenzas da súa música.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo A Sun Came 1999 Asthmatic Kitty Enjoy Your Rabbit 2001 Asthmatic Kitty Michigan 2003 Sounds Familyre, Asthmatic Kitty, Secretly Canadian, Rough Trade Seven Swans 2004 Sounds Familyre Illinois 2005 Asthmatic Kitty, Secretly Canadian, Rough Trade The Age of Adz 2010 Asthmatic Kitty Carrie & Lowell 2015 Asthmatic Kitty The Ascension 2020 Asthmatic Kitty Convocations 2021 Asthmatic Kitty Javelin 2023 Asthmatic Kitty
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Artistas de Rough Trade Records Categoría:Cantantes de Míchigan Categoría:Estadounidenses de ascendencia grega Categoría:Estadounidenses de ascendencia lituana