AXEGA (Axencia Galega de EmerxenciasLei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia.) é a organización da Xunta de Galicia creada coa Lei 5/2007 do 7 de maio encargada do estudo e a execución da política autonómica en materia de protección civil e xestión de emerxencias xunto co servizo do 112 e Protección Civil.
Funcións As funcións da AXEGA segundo o artigo 18 da Lei 5/2007 do 7 de maio de emerxencias de Galicia son: Xestionar o Centro de Atención de Emerxencias 112 en Galicia. Xestionar os helicópteros de emerxencias do 112 e outros medios. Analizar os riscos e mais identificalos e localizalos no territorio. Desenvolver programas en materia de protección civil e xestión de riscos e de emerxencias. Levar a cabo os estudos necesarios para a elaboración do Plan territorial de protección civil de Galicia. Avaliar e cualificar o risco cando lle sexa comunicada unha situación de emerxencia. Pór á disposición dos órganos competentes da Xunta de Galicia os medios á súa disposición para a xestión das emerxencias. Estudar as actuacións necesarias para o restablecemento dos servizos esenciais para a comunidade. Fomentar, en colaboración coa consellería competente en materia de voluntariado. As demais funcións que no ámbito da protección civil e da xestión de emerxencias se determinen no seu estatuto.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas axega112.gal
Categoría:Xunta de Galicia