O Turner Field é un estadio de béisbol que se atopa en Atlanta, e entre 1997 e 2016 serviu como estadio do equipo das grandes ligas de béisbol Atlanta Braves. Foi construído en 1997, orixinalmente como o Centennial Olympic Stadium para ser sede central das olimpíadas de Atlanta 1996. Porén, cando remataron os Xogos Olímpicos o estadio foi parcialmente demolido para facelo campo de béisbol. Os Atlanta Braves da Major League Baseball (MLB) utilizaron o estadio entre 1997 e 2016, ano no que se trasladaron ao SunTrust Park.
Historia O estadio foi construído fronte á antiga sede dos Braves, Atlanta-Fulton County Stadium, que foi derrubado no verán de 1997. O Fanplex centro de entretemento atópase adxacente ó estacionamento. O estadio contén 59 suites de luxo e suites de tres partes. O nome máis popular entre os residentes de Atlanta para o novo estadio no momento da súa construción (de acordo cunha enquisa da Atlanta Journal-Constitution) era Hank Aaron Stadium, mais foi chamado Turner Field por Ted Turner.
Véxase tamén Ligazóns externas Interactive diagram at Clem's Baseball site showing both Olympic and Braves configurations 3D model plug-in for Google Earth Turner Field Photos
Categoría:Atlanta Braves Categoría:Antigos estadios da MLB Categoría:Deporte en Atlanta