O HMAS Supply (A195) é un buque militar de apoio loxístico da RAN (Royal Australian Navy) construído na ría de Ferrol por Navantia.
O HMAS Supply vén sendo o segundo buque na RAN que leva este nome, o anterior era o HMAS Supply (AO 195). A orixe está no nome dun dos once buques que formaban a primeira frota da colonia europea que en 1787 partiu de Inglaterra cara Nova Gales do Sur, actual Australia, con 1.487 persoas (dos cales 778 eran presos).
O buque está baseado no deseño do Cantabria (A-15) de Navantia para a Armada Española. A RAN contratou a construción de dous buques loxísticos: HMAS Supply (AOR1) e HMAS Stalwart (AOR2). A construción iniciouse o 19 de xuño de 2017 en Navantia Fene (Astano), sendo botado o 23 de novembro de 2018 en Navantia Ferrol. O custe dos dous buques foi de 417 millóns de euros.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Botadura en Navantia Ferrol.
Categoría:Australia Categoría:Barcos de guerra Categoría:Barcos de 2018