Ánxeles Rodríguez Ferrer, nada en Vilamartín de Valdeorras o 2 de setembro de 1957, é unha escritora e ilustradora galega de literatura infantil.Ficha en galegos.galiciadigital.com Traxectoria Estudou bacharelato no Barco de Valdeorras e continuou cos estudos de Ciencias da Educación.

Despois dunha extensa andaina como ilustradora e escritora de literatura infantil e xuvenil, abriu unha nova etapa creativa coa marca Caracola - Vestidos de conto, dentro da certificación de Artesanía de Galicia.

Breve entrevista con Ánxeles Ferrer realizada por David Pintor

Obras Escritora e ilustradora A aventura de Xanzolo, Editorial Xerais, 1995.Ficha na editorial Xerais Os señores meses, Editorial Xerais, 2000. ¡Ola, son a Lúa¡, Editorial Everest, 2002 O grilo Gastón, Everest Galicia, 2004 A pequena árbore, Edicións Xerais, 2004 Tres princesas namoradas, Editorial Galaxia, 2006 Aiko, Editorial Everest, 2007.Aiko na web da AGPI Dunha vez era ... unha montaña, Editorial Everest, 2009 Un fogar para Estrela, Editorial Everest, 2012 O sombreiro do mago, Edicións Xerais, 2017 "O sombreiro do mago" de Ánxeles Ferrer en Cada día un libro na TVG

Ilustradora Roxelio e a couza, (autor: Xabier Puente Docampo), Editorial Xerais, 1990. A casa do porco bravo, (autor: Xabier Puente Docampo), Editorial Xerais, 1990. Oso mimoso, (autor: Bernardino Graña), Editorial Xerais, 1992. Peter Pan nos xardíns de Kesington, (autor: J.M. Barrie), Editorial Sotelo Blanco, 1992 O quirico lambón, (autor: Bernardino Graña), Editorial Xerais, 1997. Carapuchiña vermella, (autor: Charles Perrault; adaptación: Xoán Couto), Kalandraka, 1998 ¡Que risa de rata¡, (autor: Xoán Babarro e Ana Mª Fernández), A maxia das palabras - Xunta de Galicia, 1999 A campa da lúa, (autora: Helena Villar Janeiro), Editorial Xerais, 1999. A casa de cartón, (autora: Concha Blanco), Editorial Everest, 2000 Contos con sombreiro, (autora: Ana María Fernández), Planeta-Oxford, 2005 Lecturas de aquí e de acolá, (varios autores), Santillana-Obradoiro, 2005 Rosalía, (autora: Helena Villar Janeiro), Fundación Rosalía de Castro, 2006 Lóbez, (autor: Antonio Yáñez Casal), Baía Edicións, 2006 Farrapos de nube, (autor: Xoán Neira), Baía Edicións, 2007 Medrando sáns, (coord: Manuel Amigo Quintana), Consellería de Sanidade-Xunta de Galicia, 2008 Branca de neve e os sete ananos, (autores: irmáns Grimm, adaptación: Ánxela Gracián), Editorial Galaxia, 2009 Contos fantásticos II, (autores: Xosé Miranda e Antonio Reigosa), Editorial Xerais, 2012. Un niño no xardín, (autor: Xoán Neira),Editorial Xerais, 2012. A Flol da celdeila, (autor: Xosé Quintas Canella), Editorial Everest, 2014 Chafarís, (autor: Xoán Neira), Editorial Embora, 2017

Exposicións e catálogos

Galicia solidariedade. Unha proposta pola paz e pola convivencia, Exposición de ilustradoras e ilustradores galegos de literatura infantil, Galix – Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1994 Catálogo (páxina 47), ISBN 84-605-1053-0 Ilustradora invitada en Revista CLIJ nº 81, marzo, 1996, ISSN 0214-4123 As cores do vento, Colectiva de ilustradores, Xunta de Galicia, 1997, Catálogo (páxina 52-53), ISBN 84-453-1939-6 Ilustradora invitada en Revista Fada Morgana nº 10, 2004, ISSN 1575-9520 Rosalía Ilustrada, Colectiva de ilustradores, Fundación Rosalía de Castro, 2004, Catálogo (páxina 22-23), ISBN 84-87668-19-4 Can de palleiro, Colectiva de ilustradores, AGPI, 2006, Catálogo (páxina 22-23) , ISBN 84-9812-039-X Vai de mar, Colectiva de ilustradores, Fundación Novacaixagalicia - Galix, 2006, Catálogo (páxina 18-19), ISBN 978-84-96494-49-7 Plantando libros, Colectiva de ilustradores, Xunta de Galicia, 2007, Catálogo (páxina 20-21), ISBN 978-84-4534474-3 Feísmo ilustrado, Colectiva de ilustradores, Xunta de Galicia, 2007, Catálogo (páxina 12-13), ISBN 978-84-935223-7-7

Recoñecementos Foi seleccionada pola Consellería de Cultura para acudir á Feira do Libro de Boloña en 1997 e 2003.Ficha en Baía Edicións Foi preseleccionada para a lista de honra do IBBY polo seu conto Os Señores Meses.

Premio Martín Sarmiento 2018 de Literatura Infantil polo seu libro O sombreiro do mago

O seu libro O Grilo Gastón foi escollido entre os mellores do ano 2003-2004 pola biblioteca Fundación Germán Sánchez Ruipérez, ISBN 84-89384-55-X, páxinas 83-84.

O seu libro Tres princesas namoradas foi seleccionado entre os mellores do ano 2006-2007 pola biblioteca Fundación Germán Sánchez Ruipérez, ISBN 978-84-89384-71-2, páxinas 35-36.

Notas

Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Vilamartín de Valdeorras Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Ilustradores de Galicia