Neotragus é un xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.Neotragus no MSW.Neotragus C. H. Smith, 1827 no ITIS.
O xénero comprende tres especies que forman parte do grupo chamado dos antílopes ananos.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1827 polo naturalista bitánico, nacido en Bélxica, Charles Hamilton Smith, In Griffith et al., Anim. Kingdom, 5: 349.
Etimoloxía O nome científico Neotragus está formado polo elemento do latín científico neo-, tirado do grego antigo νέος néos, 'novo', e o elemento -tragus, derivado do grego antigo τράγος trágos, "bode", "cabrón".Neotragus no Merriam-Webster Dictionary. Literalmente 'o novo bode'.
Clasificación O xénero comprende, como quedou dito, tres especies, coas seguintes subespecies.Especies e subespecies de Neotragus no ITIS.
Neotragus C. H. Smith, 1827 Neotragus batesi de Winton, 1903 Neotragus moschatus (Von Dueben, 1846) Neotragus moschatus kirchenpaueri (Pagenstecher, 1885) Neotragus moschatus livingstonianus (Kirk, 1865) Neotragus moschatus moschatus (Von Dueben, 1846) Neotragus moschatus zuluensis (Thomas, 1898) Neotragus pygmaeus (Linnaeus, 1758)
Controversia Porén, estudos recentes de ácido nucleico suxiren a algúns autores que o xénero debería incluír, tan só unha única especie, Neotragus pygmaeus e que as outras dúas especies anteriormente incluídas no xénero non están estreitamente relacionadas, e deberían asignarse ao novo xénero Nesotragus.Bärmann, Eva V. & Schikora Tim (2014): "The polyphyly of Neotragus – Results from genetic and morphometric analyses". MammalianBiology 79: 283–286 Ler resume
Notas
Véxase tamén Bibliografía Groves, C. & Grubb, P. (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8. Groves, C. P. et al. (2011): "Family Bovidae (Hollow-horned rumiants)". In: Wilson, D. E. & Mittermeier, R. A. eds (2011): Handbook of the Mammals of the World. Volume II. Hoofed Mammals. Barcelona: Lynx edicions. ISBN 978-84-96553-77-4. Wilson, D. E., & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference'' (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos Bóvidos Antílopes Antilopinos Neotraguinos
Ligazóns externas Neotragus na ADW.
Categoría:Antílopes