Frank Bryan Ntilikina, nado o 28 de xullo de 1998 en Ixelles, é un xogador francés de baloncesto profesional que xoga no KK Partizan serbio.

Traxectoria profesional En decembro de 2015, Ntilikina asinou un contrato profesional por catro anos co SIG Strasbourg francés. O 15 de outubro de 2015 fixo o seu debut na Euroliga, anotando un punto en 12 minutos de xogo contra o KK Crvena Zvezda.

O 22 de xuño de 2017, Ntilikina foi elixido na 8ª posición do Draft da NBA de 2017 polos New York Knicks. O 5 de xullo de 2017, asinou un contrato cos Knicks. Ntilikina debutou na NBA o 19 de outubro de 2017, na derrota dos Knicks contra os Oklahoma City Thunder.

O 16 de setembro de 2021, Ntilikina asinou cos Dallas Mavericks.

O 5 de agosto de 2023, Ntilikina asinou cos Charlotte Hornets.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en Euroleague.net

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados na rexión de Bruxelas-Capital Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Francia Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New York Knicks Categoría:Xogadores do Strasbourg IG‎ Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores do KK Partizan Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Francia Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2024 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2024