O ácido pentadecanoico ou ácido pentadecílico é un ácido graxo saturado con 15 átomos de carbono. A súa fórmula molecular é CH3(CH2)13COOH, e simbolízase como C15:0. É raro na natureza, e supón o 1,2% das graxas do leite de vaca.Rolf Jost "Milk and Dairy Products" Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry, Wiley-VCH, Weinheim, 2002. A graxa do leite de vaca é a súa principal fonte dietaria e utilízase como marcador do consumo de graxas do leite.Pentadecanoic acid , Lipomics.com O ácido pentadecanoico tamén aparece en graxa de cordeiro hidroxenada. Tamén supón o 3,61% das graxas do froito do durián (Durio graveolens). Ademais de aparecer en pequenas cantidades en produtos lácteos, aparece nun 0,43 % das graxas da carne dos ruminantes.Pubchem. «PENTADECANOIC ACID». pubchem.ncbi.nlm.nih.gov. [Consultado: 19 de outubro de 2018]. Identificouse no café, tanto verde coma torrado, en concentracións de 0,38 ppm e 2,7 ppm, respectivamente.Flament, I.; Bessière-Thomas, Y. Coffee Flavor Chemistry. John Wiley & Sons, 2002, p. 155. ISBN 9780471720386.
Nun estudo feito en Tanzania o contido nos ácidos pentanoico e láurico no leite materno estaba correlacionado cun incremento de transmisión do VIH por lactación materna, mentres que o contido en ácidos n-6 poliinsaturados estaba correlacionado cunha diminución da transmisión por esa vía.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos de seguridade
Categoría:Ácidos graxos