Charles Léopold Laurillard, nado o 21 de xaneiro de 1783 en Montbéliard, e finado o 21 de xaneiro de 1853 en París, foi un zoólogo, paleontólogo e debuxante francés
Traxectoria miniatura|180px|Certificado de defunción. Seu pai, fabricante de medias e mestre de escola, morreu cando Charles tiña tan só 13 anos. Porén, aínda que de orixe modesta, puido continuar os seus estudos. Foi coñecido polos seu traballos de debuxo, e iniciou os estudos de arquitectura ao tempo que gañaba o seu sustento dando clases a nenos de familias adiñeiradas de Montbeliard.Charles Léopold Laurillard en Franche Compté.
En 1803 trasladouse a París, onde traballou con Jean Baptiste Regnault, un pintor académico, tivo problemas económicos. A súa sorte cambiou en 1804, cando se encontrou con Frédéric Cuvier, o irmán máis novo de Georges, ao que coñecera en Estrasburgo, que o levou a traballar con eles no Museo Nacional de Historia Natural de Francia.
Alí foi secretario particular de Georges, e debuxante nos seus traballos de zooloxía pero, sobre todo, foi o seu amigo, e acompañouno en todas as viaxes por Europa durante 30 anos. Cuvier diría del: "Laurillard fai de todo". Charles Laurillard nunca casou e, despois da morte de Georges Cuvier en 1832, continuou traballando no Museo e vivindo no séquito da viúva do gran científico, e despois, no de Sophie Duvaucel, a nora de Cuvier.
Laurillard publicou varios traballos de anatomía comparada e describiu varios xéneros e especies.
Abreviatura A abreviatura Laurillard emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Cardot, Claude (2012): Charles Léopold Laurillard (1783-1853): de l'ombre à la lumière. Montbéliard: Société d'émulation de Montbéliard. ISBN 978-2-9511-0068-8. Laurillard, Charles Leopold (1940): Lettres inédites de Charles Laurillard à Georges Louis Duvernoy. Introduction et notes par le pasteur Charles Mathiot et le Dr M. Duvernoy. Montbéliard: Impr. montbéliardaise.
Ligazóne externas Charles Léopold Laurillard (1783-1853) en Société d'émulation de Montbéliard .
Categoría:Científicos de Francia Categoría:Zoólogos de Francia Categoría:Nados en 1783 Categoría:Nados en Montbéliard Categoría:Finados en 1853