O mar de Bellingshausen é unha área ao longo do lado oeste da Península Antártica entre 57°18'W e 102°20'W, ao oeste da Illa Alexandre I, ao leste de Cabo Flying Fish na illa Thurston, e ao sur da Illa Pedro I.Australian Antarctic Data Centre, Antarctic Gazetteer: Bellingshausen Sea No sur atópanse, de oeste a leste, a costa Eights, costa Bryan e a costa inglesa (parte oeste) da Antártida Occidental. Ao oeste de Cabo Flying Fish únese ao Mar de Amundsen.

O Mar de Bellingshausen ten unha superficie de 487 000km² e alcanza unha profundidade máxima de 4,5 km. Contén a chaira submarina planicie de Bellingshausen.

Leva o nome do Almirante Thaddeus Bellingshausen, que explorou na zona en 1821.

A finais da Época do Plioceno, hai uns 2´15 millóns de anos, o asteroide Eltanin (de aproximadamente 1 a 4 km de diámetro) impactou na ribeira do mar de Bellingshausen (no océano Pacífico sur). Este é o único impacto coñecido nunha conca de océano profundo no mundo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas NASA Bellinghausen Sea satellite photo Bellinghausen Sea climatological low pressure system

Categoría:Mares do Océano Antártico