O ácido gadoleico, cuxo nome sistemático é ácido (Z)-icos-9-enoico, é un ácido carboxílico monoinsaturado de cadea lineal con vinte átomos de carbono, coa fórmula molecular C20H38O2. É considerado un ácido graxo ω-11, xa que ten o dobre enlace C=C situado entre o carbono 11 e o 12 comezando polo extremo oposto ao grupo carboxilo, e simbolízase por C20:1 ou C20:1n-11. É un dos ácidos eicosenoicos.
É un composto que é sólido a baixas temperaturas e funde a 23-23,5 °C. A unha presión de 0,1 mm Hg ferve a 170 °C. A súa densidade entre 4 °C e 25 °C, estando en estado sólido, é de 0,882 g/cm3 e o seu índice de refracción a 25 °C é de 1,4597. É insoluble en auga e soluble en acetona, metanol e éter de petróleo.LipidBank - Fatty acid(DFA0123) . [Consultado: 13 de outubro de 2018].
Foi descuberto no aceite de fígado de bacallau polo químico noruegués Henrik J. Bull en 1906,Bull, H. Ueber die Trennung der Fettsäuren des Dorschleber‐Oels. Ber. Deut. Chem. Ges., 39, 1906, pàg. 3570. mentres que a estrutura foi dilucidada polo científico xaponés M. Takano en 1933. Posteriormente tamén se achou en aceites de balea e de tiburón.Gadoleic acid: chemical structure, properties, and food sources. Tuscany Diet.
Notas
Categoría:Ácidos graxos