Franco Columbu, nado en Ollolai, na provincia de Nuoro, o 7 de agosto de 1941, e finado en San Teodoro (Nuoro) o 30 de agosto de 2019, foi un culturista e actor italiano. Gañou o título de Mr. Olympia en 1976 e 1981.
Era coñecido dentro do culturismo como The Sardinian Strongman. Foi o segundo culturista europeo en gañar a competición de Míster Olympia, despois do austríaco Arnold Schwarzenegger.
Traxectoria Columbu naceu en Ollolai, Sardeña, Italia. Comezando a súa carreira deportiva como boxeador, Columbu progresou no deporte olímpico do levantamento de pesas e o culturismo despois de gañar o título de Míster Olympia en 1976 e 1981.
Columbu é bo amigo de Arnold Schwarzenegger, ó que coñeceu en Múnic en 1965 e participou en varias competicións de culturismo a nivel internacional."Ahhnold!?". Time Magazine. August 18, 2003. Consultado el 11 de febrero de 2014. Para as competicións de Míster Olympia, competiu na categoría das 200 libras (90,7 kg), mentres que Schwarzenegger estaba na categoría de máis de 200 libras.
Columbu serviu de padriño na voda de Schwarzenegger e María Shriver en 1986, ambos chegaron aos Estados Unidos polo gurú do culturismo Joe Weider en 1969. Os dous culturistas europeos comezaron un negocio de albanelaría chamado European Brick Works, en 1969, segundo un informe publicado polo xornal estadounidense The New York Times.
Morreu na praia de San Teodoro (Nuoro) por un colapso, o 30 de agosto de 2019.
Filmografía 1976: Stay Hungry 1977: Pumping Iron 1980: The Hustler of Muscle Beach 1980: The Comeback 1982: Conan o bárbaro 1984: Terminator 1984: Getting Physical 1986: Don Rickles: Rickles on the Loose 1987: The Running Man 1987: Last Man Standing 1988: Big Top Pee-wee 1993: Il ritmo do silenzio 1994: Beretta's Island 1995: Taken Alive 1997: Doublecross on Costa's Island 1998: Hollywood Salutes Arnold Schwarzenegger: A Cinematheque Tribute 2002: Raw Iron:The Making of Pumping Iron 2003: Ancient Warriors 2008: Why we Train 2010: Muscle Beach then and Now 2011: Dreamland A Terra dei Sogni
Notas
Véxase tamén Bibliografía Arnold Schwarzenegger: Total Recall. My unbelievable true life story. Simon & Schuster UK, Londres 2012, ISBN 978-1-84983-972-3, pp. 106–131. National Enquirer Staff (2005) (en inglés). Book of Champions: 40 Years of Mr. Olympia Training Secrets. Weider Publications. ISBN 978-0976611547.
Categoría:Nados na provincia de Nuoro Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Actores de cinema de Italia Categoría:Culturistas