Earth A.D./Wolfs Blood é o segundo álbum da banda estadounidense de horror punk Misfits, publicado en decembro de 1983 a través do selo Plan 9 Records. É o seu derradeiro álbum en contar co membro fundador e vocalista principal Glenn Danzig. Danzig realizou o seu último concerto co grupo dous meses despois do lanzamento do álbum. É notablemente máis duro e rápido que os seus anteriores lanzamentos, amosando un son máis hardcore punk.
Orixinalmente editado como un LP de nove cancións, posteriormente foi lanzado cos tres temas do sinxelo "Die, Die My Darling": "Die, Die My Darling", "Mommy, Can I Go Out and Kill Tonight?" e "We Bite".
Metallica versionou "Die, Die My Darling" para o seu álbum de versións de 1998 Garage Inc., así como "Green Hell", que versionaron orixinalmente para o seu álbum de 1987, The $5.98 EP: Garage Days Re-Revisited, como parte dun medley con "Last Caress". A banda británica de metal extremo Cradle of Filth versionou "Death Comes Ripping" para o seu disco de 1999 From the Cradle to Enslave. O grupo sueco de black metal Marduk fixo unha versión de "Earth A.D." no seu EP Obedience.
En xullo de 2015, Misfits tocou todo o álbum no festival This Is Hardcore.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Misfits Categoría:Álbums musicais de 1983 Categoría:Álbums producidos por Spot