Teofilius Matulionis, nado o 4 de xullo de 1873 en Kudoriškis e finado o 20 de agosto de 1962, foi un eclesiástico católico latino lituano, arcebispo de Kaišiadorys dende 1943 até o seu pasamento.

Traxectoria Naceu o 4 de xullo de 1873 en Kudoriškis. O 17 de marzo de 1900 foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Mahilioŭ por Karol Antoni Niedziałkowski.

O 8 de decembro de 1928 foi nomeado bispo auxiliar de Mahilioŭ e bispo titular de Matrega. Recibiu a consagración episcopal de mans de Antoni Malecki o 9 de febreiro de 1929.

O 9 de xaneiro de 1943 foi nomeado bispo de Kaišiadorys. O 9 de febreiro de 1962 foi nomeado arcebispo ad personam. Finou no cargo o 20 de agosto do mesmo ano.

Foi beatificado por Francisco o 25 de xuño de 2017.

Categoría:Nados en 1873 Categoría:Nados no condado de Utena Categoría:Finados en 1962 Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos de Lituania Categoría:Bispos católicos de Belarús Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Beatos do catolicismo