Para outros artigos de persoas chamadas igual, véxase a páxina de homónimos Henry Cohen

Henry Cohen, nado en Ámsterdam en 1806 e finado na comuna francesa de Bry-sur-Marne en 1880, foi un numismático francés, experto na moeda da Antiga Roma e autor dun dos catálogos de moedas de época imperial que se converteu na obra de referencia nese período.

Tamén é coñecido polos seus traballos sobre bibliofilia e pola súa obra musical e musicolóxica."Henry Cohen's Work". En VirtualCohen.com"Cohen, Henry". En CERL Thesaurus.

Traxectoria Henry Cohen naceu o 21 de abril de 1806 en Ámsterdam. Desde moi novo, apaixonouse pola música, sobre a que escribiu varias obras en colaboración co barón Jean de Witte, tamén numismático, e dedicouse así mesmo ao coleccionismo de moedas romanas e de libros antigos.Schubert, H. Cohen, Henry. En Geschichte der Altertumswissenschaften. Biographisches Lexikon. Metzler. Stuttgart/Weimar, 2012. Páxina 239. ISBN 978-3-476-02033-8

miniatura|esquerda|Debuxo dun dodrans republicano, realizado por Henry Coen e publicado en Description générale des monnaies de la République romaine, communément appelées médailles consulaires, 1857. En 1859 entrou a traballar como interino no Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, entidade da que chegou a ser nomeado bibliotecario en 1875. Entre as súas obras en materia numismática é moi de salientar a súa Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain ("Descrición histórica das moedas cuñadas no Imperio Romano"), un catálogo de moedas romanas inventariadas na súa época que abrangue desde Pompeio ata Rómulo Augústulo, referencia dos estudos de numismática imperial romana na fin do século XIX e unha parte do século seguinte, ata a publicación de The Roman Imperial Coinage, xa no século XX.Babelon, J. "Cohen, Henry". En Dictionnaire de biographie française. París, 1960. Páxinas 135-136.

Moi afeccionado aos gravados e á bibliofilia, tamén é autor dunha obra de referencia sobre o libro ilustrado do século XVIII: Guide de l'amateur de livres à vignettes du XVIIIe siècle ("Guía do afeccionado aos libros con ilustracións do século XVIII"), da que houbo seis reedicións entre 1870 e 1912.Chabouillet, A. "Henry Cohen (1806-1880) ". En www.sacra-moneta.com

Ademais deses traballos principais, Cohen escribiu tamén varas composicións musicais, unha das cales, a ópera l'Impgnatrice, chegou a ser representada en Nápoles, en París e en Londres cara a 1834. Ademais, publicou diversos traballos sobre teoría musical."Cohen, Henry". En JewishEncyclopedia.com

Henry Cohen morreu o 17 de maio de 1880 na comuna francesa de Bry-sur-Marne, no departamento de Val do Marne, na rexión da Illa de Francia, onde está soterrado.Nota necrolóxica de Henry Cohen .Allocution prononcée sur la tombe de M. Henri Cohen, à Bry-sur-Marne (Seine), le mercredi 19 mai 1880 ; par M. Chabouillet. Chabouillet, A. Impr. de Dupont, París. 1880

Obra Esta é unha selección dos traballos publicados por Henry Cohen.Saliot, M. "Cohen, Henry". En Dictionaire critique des historiens de l'art. Institut National d'Histoire de l'Art."Cohen, Henry 1808-1880 ". En Digital Library Numis.

Libros

Traité d’harmonie pratique. París, 1841. Description générale des monnaies de la République romaine, communément appelées Médailles consulaires. París, 1857. Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain communement appelées médailles impériales. Cez M. Rollin. París. Tomo I: 1859. Tomo II: 1859. Tomo III: 1860. Tomo IV: 1860. Tomo V: 1861. Tomo VI: 1862. Tomo VII: 1868. Liste des médaillons et des médailles d’or qui ont été volées en 1831 au Cabinet des médailles et qui n’ont pas encore été remplacées jusqu’à ce jour. París, 1863. Inventaire des médailles romaines d’or et d’argent. París, 1874. Guide de l’acheteur de médailles romaines et byzantines, ou Tableau du prix des médailles romaines et byzantines dans tous les métaux. París, 1876. Inventaire de la collection des monnaies de la République romaine léguée à la Bibliothèque nationale par M. le baron d’Ailly. París, 1877-1879. Guide de l'amateur de livres à vignettes du XVIIIe siècle. París, 1870. Seis reedicións ata 1912: 1ª edición: 1870). 2ª edición: 1873. 6ª edición: 1912. Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain. París, 1892.

Artigos

"Essai sur la véritable prononciation du latin d'après les médailles antiques". En Revue numismatique. 1854. Páxinas 296-304. "Notice sur deux médailles consulaires (familles Fabia, Romania et Pompeia)". "n Revue numismatique. 1858. Páxinas 52-57. "Une médaille d'or inédite de Jules César". En Revue numismatique. 1858. Páxinas 386-388. "Notice sur sept monnaies romaines". En Revue numismatique. 1860. Páxinas 359-363. "Des variétés dans la “gens” numismate". En Le Numismate. Xuño de 1863. N° 13. Páxinas 125-127. "La Numismatique de Pescennius Niger (suites grecques et romaines)". En Revue numismatique. 1868. Páxinas 432-445. "Le Trésor de Tarse". En L'Illustration. 14 de agosto de 1869. Vol. LIV. N° 1.381. Páxinas 108-109.

Óperas

L'Impegnatrice. Nápoles, 1834. Aviso ai maritati. Nápoles, 1839. Marguerite et Faust. París, 1843. Le Moine. Londres, 1851 (estrea dirixida por Héctor Berlioz)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Moeda da Antiga Roma Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain The Roman Imperial Coinage

Ligazóns externas A vida e a obra de Henry Cohen. Obras de Henry Cohen na Biblioteca Nacional de España

Categoría:Nados en Ámsterdam Categoría:Nados en 1806 Categoría:Finados en 1880 Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Persoas relacionadas coa Biblioteca Nacional de Francia Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Musicólogos Categoría:Bibliófilos Categoría:Compositores de Francia Categoría:Compositores de ópera Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa