miniatura|Eneas fálalle a Dido, raíña de Cartago, da caída de Troia O heroe mitolóxico Eneas descendía da raza de Dárdano e, polo tanto, descendente do propio Zeus,Anquises era fillo de Capis (descendente de Dárdano) e Temiste. fillo do príncipe Anquises e Afrodita (Venus, na mitoloxía romana)Froito da relación que mantiveron na aba do monte Ida mentres Anquises pastoreaba o seu gando (Homero, Ilíada II, 823).. Figura importante da literatura grega e da romana, na Ilíada foi, xunto cos fillos de Antenor, o dirixente do continxente dárdano -ó sur de Troia- que axuda os troianos na súa defensa contra os aqueos. É o mellor guerreiro despois de Heitor, e, sobre todo, é un favorito dos deuses, que o salvan en situacións de perigo, se ben en todo caso só acadará relevancia trala caída de Troia Elvira Barba, px. 457..
Casou con Creúsa, filla de Príamo, coa cal tivo un fillo, Ascanio, Iulo ou Iulus.
Ante a derrota dos troianos, Eneas fuxiu da cidade e, tras diferentes aventuras, estableceuse en Italia, dando lugar á orixe mítica do pobo romano: os fundadores de Roma, Rómulo e Remo, foron descendentes seus.
Infancia Afrodita, tras deitarse con Anquises, profetizou así o futuro de Eneas:
Eneas naceu no monte Ida
e foi criado polas ninfas Ou ben por uns pastores.. Con cinco anos foi recuperado polo seu pai, Anquises, que o levou á cidade a casa do seu cuñado Alcátoo Casado coa irmá de Eneas, Hipodamía. para que este o educase. Tamén se afirma que foi educado polo centauro Quirón, como o foron outros heroes gregos Xenofonte..
Eneas na Guerra de Troia Eneas e Aquiles enfrontáronse por vez primeira cando este saqueaba as terras próximas a Troia, en ocasión do roubo dos rabaños de Eneas por Aquiles. Eneas non conseguiu evitalo e tivo que refuxiarse na cidade de Lirneso, que tamén foi conquistada por Aquiles, e Zeus houbo de salvar a Eneas Aqui, en Lirneso, Aquiles tomou como escrava a Briseida, que protagonizaría o enfado de Aquiles con Agamenón e a retirada daquel da contenda..
miniatura|Eneas abandona Troia coa súa familia (Federico Barocci, 1598, Galería Borghese)
Eneas participou en numerosos episodios da Guerra de Troia e, co tempo, converteuse no máis valoroso dos heroes troianos, despois de Heitor, feito recoñecido polo adiviño Héleno cando os alenta deste xeito: "Entre os licios e os troianos o afán da guerra descansa principalmente en vós, por ser en toda empresa os mellores, tanto na batalla como no consello" Ilíada VI, 77-81.Hixino dá as cifras de cantos inimigos mataron os principais heroes aqueos e troianos: Eneas matou a 28 inimigos, só por detrás de Heitor, con 31; foron superados con creces por Aquiles, con 72, e Patroclo, con 53 (Hixino: Fábulas 114 e 115).. Nos combates que tiveron lugar durante a Guerra viuse auxiliado e favorecido en varias ocasións por algúns deuses, segundo conta a narración de Homero Por exemplo, estivo a piques de resultar morto dunha pedrada por Diomedes, pero Afrodita impediuno e resultou ferida por este; Apolo salvouno, obrigando a Diomedes a retirarse, e logo levouno, envolto nunha nube, ó seu santuario en Pérgamo, onde foi curado por Leto e Ártemis (Homero, Ilíada V, 437). Máis adiante, tamén foi atacado por Aquiles e foi Poseidón que debeu intervir para salvalo, pois estaba escrito que Aquiles era o único dos aqueos que podía matar a Eneas (lémbrese que Poseidón apoiaba ós gregos nesta guerra)..
Autores posteriores a Homero Lémbrese que a Ilíada remata coa morte de Heitor. contan que será Eneas quen substitúa a Heitor, morto por Aquiles, á fronte do exército troiano. Pero unha vez que a caía de Troia se converte en inevitable, Afrodita -e o propio Ascanio- dinlle que debe fuxir da cidade, que non morrese como un bo troiano, pois Troia xa non existía e para el reservárase outro futuro. Así que colle ó seu pai sobre os ombros Cóntase que Anquises foi castigado por Zeus, que lle lanzou un raio por revelar (nunha bebedela, segundo Hixino, 94, 1) que o pai de Eneas era a deusa Afrodita, e quedou paralítico. e, acompañado da muller, Creúsa, e o fillo, Ascanio, aínda meniño, e un grupo de troianos, foxe ó monte Ida. A lenda engade que tamén cargaba cos deuses sagrados de Troia e co Paladio Escultura de madeira de Atenea, que se cría caída do ceo en Troia. Na Ilíada cóntase que Odiseo e Diomedes protagonizaran unha incursión na cidade e que roubaran a estatua do Paladio (Canto X), se ben as lendas romanas afirman que o que roubaron foi unha copia que era o que estaba exposto ó público (Robert Graves, px. 748).. Outros autores dan outra versión destes últimos momentos: segundo eles, Eneas defendeu a cidade ata o último momento; cando se viu desbordado, refuxiouse na cidadela de Pérgamo, desde onde continuou resistindo; desde alí, aproveitando a noite, enviou a súa xente ó monte Ida e, máis tarde, cargou coa familia, o tesouro e a imaxe de Atenea e uniuse a eles. Tamén se afirma que Eneas e os seus se retiraron ó monte Ida cando Príamo ordenou que trouxeran o cabalo de madeira ó interior da cidade, sospeitando que fose unha trampa Robert Graves, px. 753..
Este xesto, de salvar ó pai e saír da cidade sen mostrar temor, foi observado por Agamenón, que ordenou respectar a Eneas, por ser un fillo piadoso, e á súa familia Robert Graves, px. 757. A única outra familia troiana que respectaron os gregos foi a de Antenor, que fora partidario de devolver a Helena a Menelao e rematar a guerra, como tamén o era o propio Eneas. Antenor fora autorizado por Príamo a negociar a paz con Agamenón, aínda que traicionou ó rei de Troia; díxolle a Agamenón que podía contar coa axuda de Eneas..
Creúsa quedou atrasada durante a fuxida e morreu. Eneas reuniu no monte Ida a tódolos troianos que puideron escapar, e alí fundou unha nova cidade, da que foi rei De feito, a pesar da profecía de Afrodita, Eneas nunca foi rei de Troia, pois cando el fuxiu da cidade aínda esta vivo o rei lexítimo, Príamo..
Robert Graves cualifica de falsas estas tradicións de Eneas fuxindo da cidade e todo o ciclo posterior ata Italia. Asegura que Eneas foi capturado por Neoptólemo (fillo de Aquiles) e levado como botín de guerra, polo que os dardánidas tiveron que pagar un considerable rescate Robert Graves, px. 757..
Eneas en Italia A lenda máis difundida, que recolle as aventuras e sucesos posteriores, foi escrita polo poeta romano Virxilio (poeta oficial do emperador Augusto) no seu poema A Eneida. Segundo Virxilio, Eneas permaneceu un tempo no Ida e logo marchou cos troianos superviventes cara ao Mediterráneo occidental. Tras cruzar Tracia chegan a Delos, onde o oráculo de Apolo dille que deben fundar unha cidade en Creta, a terra dos seus devanceiros. Chegados alí, Eneas ten un soño no que os deuses Penates que rescataran en Troia lle ordenan que continúe cara Italia O seu antecesor Dárdano, que fundara Troia, nacera alí.. Pasan polas costas de Epiro, onde se atopa con Andrómaca (a viúva de Heitor) agora casada con Héleno, outro dos fillos de Príamo que tiña dotes adiviñatorias. Héleno profetiza que se establezan alí onde se atopen cunha porca con doce bacoriños, e aconséllalle que rodee a illa de Sicilia, para evitar os perigos de Escila e Caribdis, que a lenda situaba no estreito de Messina. Así, van percorrendo outros lugares, ata chegar ó sur da na Península Itálica.
miniatura|Localización de Cartago, ó suroeste de Sicilia
Aquí, Eneas ten que enfrontarse cos habitantes das numerosas colonias gregas establecidas na costa itálica, polo que descende e regresa a Sicilia, á que bordea. Fai escala en Drépano (hoxe, Trapani), na punta occidental de Sicilia, onde morre Anquises, e Eneas celebrou os ritos funerarios e uns xogos fúnebres no seu honor, que incluíron unha competición naval Hixino: Fábulas 273, 14.. Neste punto prodúcese a protesta das mulleres da expedición, cansas de navegar, que querían establecerse dunha vez nun sitio fixo, e intentan queimar as naves Elvira Barba, px. 496..
De novo na mar sofre as consecuencias dun forte temporal -enviado por Hera, inimiga declarada dos troianos- que desvía o barco e lévao a Cartago, na costa africana. Pero Poseidón, irritado, enfróntase ós Ventos por atreverse a actuar sen o seu consentimento coas palabras "Quos ego!" (¿A quen eu?),Virxilio: Eneida I, 124-139. episodio que deu lugar a unha temática propia representada por artistas como Rafael ou Rubens. Nestas obras, Poseidón aparece en primeiro plano, sobre un mar tempestuoso, e ó fondo vense as naves de Eneas.
Conseguen arribar á costa e alí, Eneas foi acollido por Dido, a raíña e fundadora de Cartago A lenda conta que Dido viña fuxindo do seu irmán, que matara ó seu home e quería roubarlle as súas riquezas. Dido pediu refuxio ós nativos e estes permitíronlle tomar todo o terreo que puidese cubrir unha pel de boi. O que fixo foi cortar a pel en finísimas tiras que foi atando unha a outra ata conseguir unha longa corda que lle permitiu delimitar un amplo territorio para levantar a súa cidade. E os nativos tiveron que cumprir a súa promesa. que, co tempo, namórase del e convértese na súa amante Instigada por Afrodita.. Eneas relata a Dido o acontecido na Guerra de Troia e na viaxe desde alí ata chegar a Cartago Narración á aque Virxilio dedica os capítulos II e III..
Pero o rei do pobo veciño, Iarbas, anhelaba casar con Dido pero esta rexeitábao e, por iso, cando soubo desta relación esixiu a Zeus que se levase a Eneas. Zeus sabía que o destino de Eneas era crear as bases da futura Roma e non admitían que se quedara na cidade que no futuro sería rival de Roma, e por iso mándalle a Hermes que lle diga que deixe a Dido e embarque de novo para continuar a súa viaxe. Dido, cando se viu abandonada, suicidouse no lume. miniatura|esquerda|Sibila de Cumas (Michelangelo, Capela Sixtina) Eneas vuelve a ascender pola costa de Italia e chega a Cumas (na actual Campania) onde, segundo o relato de Virxilio, visita á profetisa Sibila e ten lugar o descenso de Eneas ós Infernos acompañado pola propia Sibila. Alí, a alma do seu pai móstralle a grandeza que alcanzará Roma. Segue a viaxe cara ao norte ata chegar á desembocadura do río Álbula (que máis tarde sería chamado Tíber), onde monta un campamento e logo, deixando alí a boa parte dos seus compañeiros, ascende pola beira do río ata chegar á cidade de Palanteo, emprazada no lugar que co tempo sería coñecido como o Palatino de Roma, no Lacio. Eneas consegue establecer unha alianza co rei Evandro, vello amigo de Anquises, e este manda no seu apoio unhas tropas ó mando do seu fillo Palante. Tamén se conta que este pacto foi co rei Latino (ou Lavinio), rei de Laurentia, que deu nome ós latinos, e que casou con Lavinia, a súa filla, cumprindo así unha vella profecía.
Aconsellado por Evandro, Eneas achégase a Agila, máis coñecida como Caere, na Etruria. Alí apoia a sublevación dos súbditos do rei etrusco Mecencio para derrocalo, por tirano e cruel. Pero mentres tanto, Turno, rei dos rútulos e antigo pretendente de Lavinia, ataca o campamento grego e case chega a queimar as naves, en alianza con Mecencio, aínda que nese momento regresa Eneas e derrota e mata a Turno en combate singular, grazas ás armas que Hefesto lle fabricara para el, a petición da súa nai Afrodita Lémbrese que Hefesto tamén lle fixo a armadura a Aquiles, despois de que Heitor despoxara da súa a Patroclo.. Tamén deixa malferido a Mecencio e mata ó fillo deste, Lauso; posteriormente Mecencio intenta vingar ó seu fillo pero tamén resulta morto por Eneas.