Louis Pelâtre, nado o 12 de maio de 1940 en Pancé (Ille e Vilaine, Francia), e finado en Istanbul o 20 de agosto de 2026, foi un relixioso católico latino, vigairo apostólico de Istanbul entre 1992 e 2016.
Traxectoria Foi ordenado sacerdote dos Agostiños da Asunción o 24 de maio de 1969. O papa Xoán Paulo II nomeouno vigairo apostólico de Istanbul e bispo titular de Sasime o 9 de xullo de 1992, e recibiu a consagración episcopal o 13 de setembro de mans do cardeal Sergio Sebastiani, nuncio en Turquía; como co-consagrantes principais tivo a Hovhannes Cholakian, arcebispo armenio de Istanbul, e a Antonios Varthalitis, arcebispo latino de Corfú, Zante e Cefalonia. Nun país predominantemente musulmán, foi responsable da pequena comunidade de rito latino, á súa vez unha parte minoritaria dos arredor de 15.000 católicos de Istanbul; porén, a partir de 1999 foi tamén administrador apostólico do exarcado de Constantinopla de rito bizantino. Logo de presentar a súa renuncia por razóns de idade (75 anos), o papa Francisco aceptouna o 16 de abril de 2016 co nomeamento do seu sucesor.
Notas
Categoría:Nados en 1940 Categoría:Nados no departamento de Ille e Vilaine Categoría:Finados en 2026 Categoría:Asuncionistas de Francia Categoría:Bispos católicos de Francia Categoría:Bispos católicos de Turquía Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI