miniatura|Comparación do tamaño dos tetartés (arriba) e os tetradracmas (abaixo) na época de Alexandre o Grande. O tetarté (en grego: τεταρτη; de τεταρτος -tetartos-, "un cuarto") era unha moeda da Antiga Grecia, de ouro ou de prata, que tiña o valor da cuarta parte dun estatero de ouro ou dun estatero de prata, e un peso de arredor de dous gramos.Alfaro Asins et al. (2009). "Tetarté".Vico Belmonte, A. (2006). Páxina 209.

De maneira diferente ao trité, que gozou dunha ampla circulación, o tetarté foi un valor cuñado só en contadas ocasións."Tetarté". En Frey (1917). Páxina 239.

O peso varía segundo o padrón monetario correspondente. A modo de exemplo, con esta denominación emitiuse en Licia unha moeda no ano 365 a. de C., cun peso de ca. 2,5 gramos, que amosa no seu anverso a cabeza dun león e no seu reverso unha tríscele.

O tetaré como divisor do estatero Esta é a relación de valor entre o tetarté e o resto dos divisores do estatero:Alfaro Asins et al. (2009). "Estatero".Vico Belmonte, A.; De Francisco Olmos (2016). Páxina 213.

Hemiestatero: medio estatero. Trité: un terzo. Tetarté: un cuarto. Hecté: un sexto. Hemitetarté: un oitavo. Hemihecté: un doceavo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Moeda da Antiga Grecia Estatero

Bibliografía

Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Amandry, M. (dir). Dictionaire de Numismatique. París, 2001. ISBN 2-03-505076-6 Frey, A. R. A Dictionary of Numismatic Names. Nova York, 1917. Vico Belmonte, A. Monedas Griegas. Real Academia de la Historia. Madrid, 2006. ISBN 84-95983-71-0 Vico Belmonte, A.; De Francisco Olmos, J. M. "El sistema monetario griego y sus derivaciones a otros sistemas de la Antigüedad mediterránea". En Documenta & Instrumenta 14 (2016). 199-222.

Categoría:Moedas da Antiga Grecia Categoría:Moedas fóra de curso