Sabaton é unha banda sueca de heavy metal procedente de Falun. Os temas líricos principais do grupo baséanse na guerra, batallas históricas e actos de heroísmo: o nome é unha referencia a un escarpe (en inglés "sabaton"), peza da armadura que servía para protexer o pé. O tema de armaduras e batallas pode escoitarse nos álbums Primo Victoria, The Art of War, Coat of Arms, Carolus Rex, Heroes e The Last Stand, nos cales todos os seus temas teñen eses motivos agás os temas de peche, que son cancións tributo a influentes bandas de heavy metal. O contido lírico que procede das dúas guerras mundiais e doutros conflitos históricos é frecuente e as letras adoitan a recitar historias de feitos heroicos realizados por homes e exércitos.

En decembro de 2015 cinco cancións da banda foron engadidas ao terceiro paquete de música externa para o xogo de estratexia Europa Universalis IV.

O 6 de xuño de 2016, no 72 aniversario do Desembarco de Normandía, Sabaton publicou un paquete de música para o xogo Hearts of Iron IV, con cancións baseadas na segunda guerra mundial, a temática do xogo. A banda publicou un segundo paquete o 26 de xaneiro de 2017.

Discografía Álbum Ano Selo Primo Victoria 2005 Black Lodge Records Attero Dominatus 2006 Black Lodge Records Metalizer 2007 Black Lodge Records The Art of War 2008 Black Lodge Records Coat of Arms 2010 Nuclear Blast Carolus Rex 2012 Nuclear Blast Heroes 2014 Nuclear Blast The Last Stand 2016 Nuclear Blast The Great War 2019 Nuclear Blast

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais do condado de Dalarna Categoría:Grupos musicais de power metal Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais formados en 1999