A dispase é unha protease que cliva a fibronectina, o coláxeno IV e en menor medida o coláxeno I. É un encima propio dalgunhas especies de bacterias, por exemplo, de Bacillus polymyxa, dos filtrados de cuxos cultivos pode illarse.Stenn KS, Link R, Moellmann G, Madri J, Kuklinska E. Dispase, a neutral protease from Bacillus polymyxa, is a powerful fibronectinase and type IV collagenase. J Invest Dermatol. 1989 Aug;93(2):287-90. PMID 2546994 Unha vez extraída e purificada pode usarse en investigación. A dispase utilízase con frecuencia para dixerir células primarias adherentes en cultivo ou separar trecidos, xa que este tratamento é máis suave que a dixestión con tripsina.Sinclair JA, Henderson C, Martin I, Grant MH, Tettey JN. The extent of phase I and phase II reactions is affected by the choice of enzyme used to prepare rat hepatocytes. Chem Biol Interact. 2009 May 15;179(2-3):256-62. PMID 19330883Sinclair JA, Henderson C, Tettey JN, Grant MH. The influence of the choice of digestion enzyme used to prepare rat hepatocytes on xenobiotic uptake and efflux. Toxicol In Vitro. 2013 Feb;27(1):451-7. doi: 10.1016/j.tiv.2012.07.012. PMID 22902308 Por exemplo, úsase para separar suavemente o mesénquima e epitelios embrionarios.

A dispase II é específica para a clivaxe de enlaces peptídicos leucina-fenilalanina.Worthington Biochemical Neutral Protease (Dispase) Tamén se encontrou recentemente que a dispase pode dixerir enlaces serina-fenilalanina.

A inxección intravitreal (no ollo) de dispase pode utilizarse en modelos da vitrorretinopatía proliferativa en diferentes animais.

Notas

Categoría:Hidrolases