Chicharrón é unha banda galega de indie rock baseada en Carballo formada no ano 2013. Ata a data leva publicados sete álbums de estudio.
Historia Chicharrón naceu no ano 2013 tras a separación de Franc3s, cando o seu vocalista e guitarrista Alberto M. Vecino decidiu crear un poxecto máis experimental con Alberto Gende. Pouco despois Gende morreu e Vecino contactou co seu irmán, o guitarrista Diego Gende (Lowcost), e con Rubén Domínguez, cuxa banda Telephones Rouges se separar tamén pouco antes, e os tres reiniciaron o novo proxecto.
En xuño de 2014 publicaron o seu primeiro álbum, Chicharrón, a través do colectivo artístico Prenom. O disco gravouse no mes de marzo no estudio A Ponte de Tomás Ageitos, que participou tocando a batería, na parroquia compostelá de Villestro.
Posteriormente ingresaron a teclista Mar Catarina (Esposa) e o batería Xurxo Meis, cambiando Rubén Domínguez os teclados polo baixo. Con esta formación a banda gravou o seu segundo traballo, Postal, escrito totalmente en galego. O álbum foi publicado en marzo de 2016 por Prenom e foi novamente gravado no estudio A Ponte, coa masterización realizada no estudio Terraforma no Hío, Cangas de Morrazo.
No ano 2017 Chicharrón publicou dous sinxelos. O primeiro foi "Contra acantilados", lanzado no mes de marzo e xa coa voz de Mara Pérez, nova integrante da banda. A canción aparece na banda sonora do filme de Anxos Fazáns A estación violenta. E o segundo sinxelo, editado no mes de setembro, foi "Na cela", un poema de Antía Otero do seu libro O cuarto das abellas.
En agosto de 2018 o grupo comezou a gravar o seu terceiro disco bautizado como Cancións clínicas. O álbum foi gravado no Estudio Terraforma por Ibán Pérez coa produción de Rubén Domínguez, e publicado a través de Prenom o 9 de novembro dese ano.
A meirande parte do seu cuarto álbum de estudio, Unha fogueira intacta, gravouse novamente no Estudio Terraforma en setembro de 2022. Outras partes graváronse entre Carballo, Vigo, San Vicente e Madrid en distintos momentos de 2019 e 2020. O traballo apareceu o 7 de abril de 2021 a través de Ferror Records.
A banda compuxo os temas para un novo traballo entre outubro e decembro do ano 2021. Erosión gravouse no seu local de ensaio en Carballo en xaneiro de 2022, agás as baterías que se gravaron no Grove. O álbum foi editado a través do selo Ferror Records o 1 de marzo de 2022.
Discografía Álbum Ano Selo Chicharrón 2014 Prenom Postal 2016 Prenom Cancións clínicas 2018 Prenom Unha fogueira intacta 2021 Ferror Records Erosión 2022 Ferror Records O que nos queda por non dicir 2023 Ferror RecordsTemporal2026Ferror Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais formados en 2013 Categoría:Grupos musicais en galego