Cefotaxima é un antibiótico beta-lactámico pertencente á terceira xeración de cefalosporinas. En España foi comercializada baixo o nome de Claforan.
Espectro de acción Cefotaxima posúe un amplo espectro de actividade, que abrangue bacterias grampositivas (Staphylococcus e Streptococcus), gramnegativas (Escherichia coli, Citrobacter, Klebsiella, Enterobacter aerogenes, Serratia marcescens, Proteus, Haemophilus influenzae, Neisseria gonorrhoeae, Neisseria meningitidis, Moraxella catarrhalis). Tamén presenta actividade fronte anaerobios (Bacteroides, Peptococcus, Peptostreptococcus, Fusobacterium).
Resistencia Cefotaxima adoita ser resistente á hidrólise por beta-lactamases de tipo I, II, III, IV e V. Adoita ser resistente ás penicilinasas producidas por Staphylococcus aureus. Porén, as beta-lactamases producidas por Bacteroides fragilis, Proteus vulgaris, Citrobacter, Enterobacter, Pseudomonas e Serratia poden inactivar a cefotaxima. Do mesmo xeito, as beta-lactamases de expectro estendido (BLEE) producidas por outras enterobacterias poden degradar a cefotaxima.
Indicacións clínicas En España, a Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios aprobou as seguintes indicacións: Infeccións da área otorrino-laringolóxica. Infección respiratoria. Infección urinaria. Gonorrea Sepse Endocardite Infección do sistema nervioso central Infección de pel e partes brandas Infeccións osteoarticulares. Infección abdominal: peritonite, infeccións da árbore biliar.
Dosificación Soamente existe formulación inxectable (intramuscular ou intravenosa). A dose oscila entre 1 ou 2 gramos cada 6 u 8 horas. Debe ser reducida en insuficiencia renal e en poboación pediátrica.
Embarazo e lactación Cefotaxima pertence á categoría B da FDA. Secrétase en pequenas cantidades no leite materno, polo que se recomenda precaución no seu emprego.
Interaccións medicamentosas Incompatible na mesma solución con aminoglicósidos, metronidazol e bicarbonato de sodio. Pode interferir na medición de niveis de teofilina2.
Notas
Categoría:Antibióticos