Antuan AuduTamén coñecido pola romanización francesa do seu nome, Antoine Audo. (en ), nado en Alepo (Siria) o 3 de xaneiro de 1946, é un eclesiástico católico caldeo, bispo de Alepo dende 1992. Traxectoria Naceu en Alepo, cando Siria era un mandato francés, o 3 de xaneiro de 1946. Entrou na Compañía de Xesús en 1969, estudou Literatura árabe na Universidade de Damasco até 1972, e posteriormente doutorouse pola Universidade de París III en 1979, cunha tese sobre Saki al-Arsusi. O 5 de agosto de 1979 foi ordenado sacerdote. Posteriormente completou a súa formación filosófica e teolóxica con estudos bíblicos no Pontificio Instituto Bíblico, e foi profesor de exéxese bíblica na Universidade San Xosé e na Universidade do Espírito Santo de Kaslik.

O 18 de xaneiro de 1992 foi nomeado bispo de Alepo. Recibiu a consagración episcopal de mans do patriarca de Babilonia Rafael I o 11 de outubro do mesmo ano.

Obra

Notas

Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Alepo Categoría:Xesuítas Categoría:Relixiosos católicos de Siria Categoría:Bispos católicos de Siria Categoría:Bispos da Igrexa católica caldea Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Alumnos da Universidade de Damasco Categoría:Alumnos da Universidade Sorbona Nova Categoría:Alumnos do Pontificio Instituto Bíblico Categoría:Profesores da Universidade San Xosé de Beirut Categoría:Profesores da Universidade Espírito Santo de Kaslik