Yosafat Kozarov (en ), nado en 1852 en Plovdiv (Eyalet de Edirne, Imperio Otomán, hoxe Bulgaria) e finado o 3 de novembro de 1925 en Sofía (Reino de Bulgaria) foi un eclesiástico greco-católico búlgaro.
Traxectoria Yosafat Kozarov naceu nunha familia de católicos de rito latino en Plovdiv, entón parte do eyalet de Edirne, baixo soberanía otomá en 1852. Comezou os seus estudos cos capuchinos en Plovdiv, e posteriormente ingresou no seminario de rito oriental dos asuncionistas, na cidade de Edirne. Logo de graduarse no seminario, fixo o seu novizado en París e en Osma, e posteriormente volveu a Edirne, onde foi ordenado sacerdote da Igrexa greco-católica. Comezou o seu ministerio en Edirne e Constantinopla, e posteriormente ensinou en varias escolas de Bulgaria, especialmente en Yambol. Por motivos familiares, e co permiso da Santa Sé, en 1900 deixou a vida monástica e pasou ao clero secular. En 1907 pasou a ser párroco en Pravdino.
Retirouse en 1919, mais á morte de Ivan Pishtiycki foi nomeado confesor na catedral de San Luís de Plovdiv. Logo da morte do arquimandrita Hristofor Kondov, o 11 de abril de 1924, foi nomeado pro-administrador dos greco-católicos búlgaros da vigairía apostólica de Tracia, e párroco da catedral da Dormición da Virxe de Sofía. Finou o 3 de novembro de 1925 en Sofía. Notas
Categoría:Nados en 1852 Categoría:Nados en Plovdiv Categoría:Finados en 1925 Categoría:Sacerdotes católicos de Bulgaria Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica bizantina búlgara Categoría:Sacerdotes católicos do século XIX Categoría:Sacerdotes católicos do século XX Categoría:Relixiosos católicos de Bulgaria Categoría:Asuncionistas