A Federación Galega de Atletismo (FGA) é o organismo reitor do atletismo en Galicia. A FGA ordena, dirixe e planifica as actividades do atletismo galego. Dirixe tamén á selección galega de atletismo.
É unha entidade asociativa privada carente de ánimo de lucro, que ten por obxecto, mediante a integración de aletas, adestradores, técnicos, xuíces, clubs e outros colectivos interesados e estatutariamente establecidos que se dediquen á práctica do atletismo, o fomento, o desenvolvemento e a organización con carácter exclusivo na Comunidade Autónoma de Galicia, onde ostenta, tamén con carácter exclusivo, a representación da Real Federación Española de Atletismo e que, ademais das atribucións de seu exerce, por delegación, funcións públicas de carácter administrativo.
Organiza anualmente o Campionato de Galicia de Clubs.
Ten a súa sede na cidade da Coruña, no Complexo Deportivo de Elviña, na Avenida de Glasgow, 13 (Salas 15, 16 e 17), no barrio do Birloque. A FGA ten delegacións na propia cidade coruñesa e nas localidades de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e O Barco de Valdeorras.
Historia A Federación Galega de Atletismo constituíuse o día 27 de marzo de 1921,Facsímile da Acta de Constitución. Consultada o 6 setembro de 2018.
En 1933 a FGA foi disolvida, reconsituíndose en 1934. No ano 1958 prodúcese a súa división en Federacións Provinciais, que volven a integrarse na Federación Galega en 1984.
O seu presidente actual é Isidoro Hornillos Baz, quen ocupa o cargo desde o ano 2006.Isidoro Hornillos será candidato a la Federación Española de Atletismo. La Voz de Galicia, 12-05-2015. Consultada o 6 de setembro de 2018.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Récords de Galicia de atletismo Selección de atletismo de Galicia
Ligazóns externas Sitio web oficial da FGA.
Categoría:Atletismo en Galicia Atletismo