Os Hillary Montes son unhas montañas que acadan os 3,5 km, situadas no planeta anano Plutón. Están situadas ó noroeste de Norgay Montes na zona fronteiriza suroeste de Sputnik Planitia no sur de Tombaugh Regio (ou a parte de Tombaugh Regio ó sur do ecuador). Os Hillary Montes foron vistos por primeira vez pola nave espacial New Horizons o 14 de xullo de 2015, e foron notificados pola NASA o 24 de xullo de 2015.

Nomeamento As montañas recibiron o seu nome de Sir Edmund Hillary, montañeiro neozelandés, que, xunto co montañeiro sherpa nepalí, Tenzing Norgay, foron os primeiros alpinistas en acada-la cima do pico máis alto da Terra, o Monte Everest, o 29 de maio de 1953. O 7 de setembro de 2017, o nome "Hillary Montes" foi aprobado oficialmente xunto cos nomes de Tombaugh Regio e outras doce características da superficie de Plutón, próximas ós propios Hillary Montes.

Tamaño relativo Os Hillary Montes acadan os 3,5 km alto, dende a base até o pico, aproximadamente a metade de alto cós Norgay Montes. Os Hillary Montes son similares en altura ó do pico do Monte Fuji, a montaña máis alta do Xapón, sobre o nivel do mar.

Galería

Vídeos

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Xeoloxía de Plutón

Ligazóns externas NASA Pluto factsheet páxina oficial da NASA páxina web da New Horizons

Categoría:Montes extraterrestres Categoría:Plutón