Armen Dzhigarkhanyan (en ; en ), nado o 3 de outubro de 1935 en Iereván, e finado o 14 de novembro de 2020, foi un actor armenio e ruso (anteriormente soviético), tamén nacionalizado estadounidense.

Traxectoria Teatro Actor En 1955, Dzhigarkhanyan foi admitido no Teatro académico estatal Sundukyan de Iereván. Estudou co director Armen Gulakyan até 1958. Antes de acabar o seu primeiro ano de formación académica xa comezou a actuar no Teatro ruso Stanislavski de Iereván, onde traballou durante dez anos, até 1967. No único teatro ruso de Armenia, interpretou máis de 30 papeis, entre os que destaca o de Vanya Kudryash en Гроза (A Tormenta) de Alexander Ostrovsky, así como tamén en obras de Aleksei Arbuzov e На дне (Na dne) de Maxim Gorky. Dende o comezo da súa traxectoria no teatro, Dzhigarkhanyan demostrou unha versatilidade abraiante, triunfando cunha gran variedade de personaxes diferentes, tanto no repertorio clásico coma no contemporáneo, incluíndo Shakespeare, Tennessee Williams e autores rusos modernos.

En 1967, trasladouse a Moscova para continuar a súa carreira no teatro Lenkom. Comezou actuando baixo as ordes do director Anatoly Efros, aínda que traballaron xuntos durante pouco tempo. Dzhigarkhanyan interpretou a Molière na obra de Mikhail Bulgakov Кабала святош (Kabala svyatosh. Trala marcha de Efros, Dzhigarkhanyan recibiu máis papeis, mais non quixo continuar actuando no teatro sen o director polo que veu en primeiro lugar.

En 1969, Dzhigarkhanyan uniuse ao Teatro Mayakovsky por recomendación de Andrey Goncharov. Traballou alí até 1996 e durante case 30 anos foi o actor principal. A súa primeira aparición foi como Levinson en Razgrom de Alexander Fadeyev. Destacan papeis posteriores como o de Stanley Kowalski na obra de Tennessee Williams A Streetcar Named Desire. Aínda que a maioría dos seus papeis eran de protagonista, tamén interpretou papeis antagónicos.

Dzhigarkhanyan fixo de Sócrates na obra Беседы с Сократом (Conversacións con Sócrates) de Edvard Radzinsky en 1975, papel polo que foi enxalzado polos críticos. Durante as décadas de 1970 e 1980, Dzhigarkhanyan apareceu de xeito menos frecuente no teatro en favor do cinema, acadando amplo recoñecemento no público soviético. Aínda cun número de aparicións teatrais minguante, seguiu sendo obxecto de debate. Os mellores papeis deste período son de Big Daddy en Cat on a Hot Tin Roof de Tennessee Williams e Lord Bothwell en Vivat! Vivat Regina! de Robert Bolt.

Director Entre 1989 e 1997, ensinou no Instituto Gerasimov de Cinematografía (VGIK), a escola estatal de cine de Rusia.

A mediados da década de 1990, Dzhigarkhanyan decidiu crear un teatro de seu que unificase aos seus estudantes no VGIK. En marzo de 1996, fundou o seu teatro chamado "D" (na actualidade chamado Московский драматический театр под руководством Армена Джигарханяна "Teatro dramático de Moscova dirixido por Armen Dzhigarkhanyan"). O seu teatro levou a cabo numerosas obras famosas como Krapp's Last Tape de Samuel Beckett e The Homecoming de Harold Pinter.

Dzhigarkhanyan tamén dirixiu compañías especializadas que só interpretan unha obra, e interpretou papeis como o Xeneral na obra Igrok de Fiódor Dostoievski e o protagonista de Filumena Marturano de Eduardo De Filippo no Teatro Lenkom.

Cinema Dzhigarkhanyan fixo o seu debut no cinema en 1960 co filme Obval como Akop. "Abraiou aos espectadores coa súa interpretación do físico Artyom Manvelyan" no filme de Frunze Dovlatyan Բարև, ես եմ (Barev, yes em, 1966). "Deulle renome a nivel nacional e foi o comezo dunha prolífica traxectoria como actor". Usta Mukuch, o personaxe que creou para o filme Треугольник (Yerankyuni, 1967), dirixido polo afamado director armenio Henrik Malyan, abriu o camiño a ducias de filmes en décadas posteriores.

Seguiu participando en filmes icónicos, entre os que se inclúen o filme de Edmond Keosayan Новые приключения неуловимых (Novye prikluchenya Neulovimykh, 1968), no que interpretaba ao capitán Ovechkin, e o filme Корона Российской империи, или Снова неуловимые (Korona Rossiyskoy Imperii, ili Snova Neulovimye, 1971). En 1973, a comedia Мужчины, tamén de Edmond Keosayan, converteuse nun dos filmes armenios máis icónicos e hoxe en día hai unha estatua lembrando os personaxes protagonistas no centro de Iereván. A comezos da década de 1970, Dzhigarkhanyan xa se convertera nun dos actores máis populares nos filmes soviéticos e apareceu en máis de 200 producións, e abranguindo tódolos xéneros: comedia, aventura, drama, adaptacións literarias... Tamén foi actor protagonista do filme franco-soviético Тегеран 43 (Teherán 43, 1981).

Filmografía selecta Ano Título Personaxe Notas 1966 Բարև, ես եմ Artyom Manvelyan 1967 Треугольник Usta Mukuch 1968 Новые приключения Неуловимых Capitán Ovechkin 1970 Чайка Ilya Afanasievich Shamraev 1971 Корона Российской Империи, или Снова Неуловимые Capitán Ovechkin 1973 Мужчины Ghazaryan 1975 Здравствуйте, я ваша тётя! Judge Criggs 1977 Когда наступает сентябрь Levon Pogosyan 1978 Собака на сене Tristan 1979 Место встречи изменить нельзя Hunchback 1980 Рафферти Tommy Farichetti 1981 Тегеран 43 Max Richars 1982 Գիքոր Bazaz Artem 1986 Крик дельфина Administrador 1988 13-й апостол David 1989 Две стрелы. Детектив каменного века Xefe da tribo 1990 Паспорт Semyon Klein 1992 Белый король, красная королева Makeev 1993 Сны Doutor 1995 Ширли-мырли Kozyulski 2008 Самый лучший фильм Secretario de Deus 2009 О, счастливчик! Avó Ramiz 2009 Гамлет. XXI век Excavador

Dobraxe Жил-был пёс, 1982 — Lobo Формула любви, 1984 — Conde Cagliostro Остров сокровищ, 1988 — John Silver Алиса знает, что делать!, 2013-2016

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados en Iereván Categoría:Actores de Armenia Categoría:Actores de cinema de Rusia Categoría:Actores de teatro de Rusia Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de teatro de Rusia