Stepan Meniok (en ), nado o 19 de agosto de 1949 en Nakonechne (RSS de Ucraína), é un relixioso católico ucraíno, dende 2002 exarca arquiepiscopal de Donetsk. Traxectoria Naceu nunha familia grecocatólica o 19 de agosto de 1949 en Nakonechne, no distrito de Yavoriv.

O 8 de novembro de 1975 profesou como membro da Congregación do Santísimo Rendentor, facendo os votos solemnes o 8 de outubro de 1981.

O 8 de xullo de 1984 foi ordenado sacerdote polo tamén redentorista Volodymyr Sterniuk.

O 11 de xaneiro de 2002 foi nomeado exarca arquiepiscopal do novo exarcado de Donetsk, e bispo titular de Acarassus. Recibiu a consagración episcopal o 15 de febreiro de mans do arcebispo maior de Lviv Liubomyr Huzar.

Notas

Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados no distrito de Yavoriv, rexión de Lviv Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Redentoristas de Ucraína