Clara Gordon Bow, nada en Brooklyn o 29 de xulloOutras fontes citan o 25 de agosto de 1905 e finada en Culver City (California) o 27 de setembro de 1965, foi unha actriz estadounidense, coñecida polo seu traballo no cinema mudo nos anos vinte. Bow foi ademais o arquetipo de flapper e a it-girl orixinal.

Traxectoria Primeiros anos Bow naceu en Brooklyn, Nova York, no seo dunha familia disfuncional afectada por enfermidades mentais, pobreza e abuso emocional. Era a terceira filla da familia, pero as súas dúas irmás máis vellas morreran na infancia.Stenn (1988), p. 8 A súa nai, pensando que Clara tamén acabaría morrendo, non se molestou en facerlle un certificado de nacemento. A súa nai, Sarah Gordon, era unha prostituta ocasional que sufría epilepsia. O seu pai, Robert Bow, raramente facía acto de presenza e supostamente era un discapacitado psíquico. Adoitaba maltratar tanto a súa muller como a Clara e arguméntase que chegou a violar a esta cando tiña uns quince anos de idade, aínda que non hai ningunha fonte que o corrobore.

De pequena adoitaba xogar cos mozos na rúa, pois as nenas non querían xogar con ela por mor das súas roupas vellas e sucias.Bow, Clara. St. Johns, Adela Rogers (ed.) "My life, by Clara Bow" Photoplay (febreiro, marzo e abril de 1928). Un amigo seu, Johnny, morreu queimado na súa presenza cando ela tiña dez anos. Anos despois, Bow foi capaz de chorar a vontade durante un filme lembrando este suceso.

En 1921, Clara gañou un concurso dunha revista de cine, que tiña como premio participar nun filme.Fort Wayne News 29 de abril de 1921. Mandara dúas fotos de ela mesma á revista, fotos que ela odiaba pero que impresionaron o xurado, que a seleccionou como gañadora. Así, foille concedido un pequeno papel en Beyond the Rainbow,Stenn (1988) p. 287 pero para desilusión de Clara todas as súas escenas foron suprimidas e só se engadiron de novo ao filme anos máis tarde.

Bow tamén tiña que lidar coa súa nai, que pensaba que actuar era para prostitutas, e mesmo chegou a ameazar de morte a súa propia filla.

Sarah Gordon morreu en 1923, cando a súa filla comezaba a abrirse camiño no cine.

Carreira A primeira aparición de Bow no cinema mudo foi no filme Down to the Sea in Ships, e a partir dese momento apareceu en multitude de papeis secundarios en filmes mudos. Bow decidiu entón probar fortuna en Hollywood, onde grazas ao produtor B. P. Schulberg conseguiu varios pequenos papeis polos que foi escollida unha das WAMPAS Baby Stars en 1924.

En canto fixo un pouco de diñeiro, levou o seu pai a vivir con ela en Hollywood, e tentou atoparlle un traballo, aínda que todos os seus proxectos fracasaron. O home dedicábase a emborracharse e tentar chamar a atención das mozas dicíndolles que era o pai de Clara Bow. A pesar de todo, Bow gozou de moi boa fama durante este período debido ao seu carácter amable e sempre humilde, agradecida pola oportunidade que se lle presentou.

En 1925, conseguiu o seu primeiro papel importante en The Plastic Age, que foi un grande éxito e a converteu da noite á mañá na estrela máis popular do momento. Ademais, comezou un romance co actor Gilbert Roland, co que chegou a saír ao mesmo tempo que co director Victor Fleming, que a contratou para Mantrap.

It girl esquerda|miniatura|Retrato de Clara Bow. En 1927, chegou á cima da súa popularidade con It. O filme deulle a Bow o seu alcume, "The 'It' Girl". Adoita dicirse que Dorothy Parker se refería a ela cando escribiu "iso, demo; ela tíñao",Clara Bow Peep, Snopes.com mais Parker non se estaba a referir nin a Bow nin á personaxe de Bow no filme, senón a unha personaxe diferente, Ava Cleveland, na novela homónima.The New Yorker, 26 de novembro de 1927.

Esta imaxe foi ademais aguilloada pola prensa que seguía con ansiedade cada novo romance de Bow. Entre algúns dos seus amantes, dise que se atopaban Gary Cooper, John Gilbert, un mozo John Wayne e mesmo Béla Lugosi."Bela Lugosi’s Clara Bow Nude Painting Sells For $30,000 At Auction"

En 1927, Bow protagonizou a película Wings, que gañou o primeiro Óscar da historia ao mellor filme.

A reputación de devoradora de homes, unida aos seus problemas coas drogas e o alcoholismo fixéronlle perder popularidade entre os seus compañeiros de traballo. Ademais, Clara comezou a queixarse da falta de profundidade das súas personaxes, xa que os estudios se limitaban a vestila en traxes exóticos para conseguir audiencia, sen preocuparse máis polo contido da personaxe. Isto, sumado á inestabilidade emocional froito de tantos sucesos horribles na súa infancia, comezou a minguar as forzas de Bow,Stenn (1988) p. 231 que ademais tivo que soportar a humillación de que os estudios Paramount cancelasen os seus filmes e lle reclamasen o diñeiro dos vestidos cos que quedase das rodaxes (mentres que outras actrices quedaban con eles sen máis), ademais de facerlle pagar as súas propias fotos publicitarias. O seu contrato incluíu tamén unha cláusula de moralidade ofrecéndolle un plus de 500 000 dólares se se portaba como unha dama en público e procuraba non saír nos tabloides.

Máis tarde, xa no cinema sonoro, Bow mantivo un discreto éxito nunca parecido ao doutros tempos, xa que o seu forte acento de Brooklyn embazaba a aura mística de muller fatal que se lle daba nos seus filmes, e acabou retirándose.

Últimos anos miniatura|350px|Cripta de Bow en Forest Lawn Memorial Park, Glendale. Aparece marcado erroneamente o ano de nacemento como 1907, aínda que naceu en 1905. En 1932, Bow casou co actor Rex Bell,Morella and Epstein (1976), p. 259 con quen tivo dous fillos, Tony e George.

Apareceu no programa de radio Truth or Consequence en 1948, pero despois a súa única aparición pública foi no funeral do seu marido, en 1962.

Tras tentar suicidarse, diagnosticáronlle esquizofrenia en 1949 e foi sometida a duros tratamentos, incluíndo o electroshock.Stenn (19888) pp. 263, 266Morella and Epstein (1976), p. 276

Pasou os seus últimos anos vivindo nunha casa modesta coa súa familia. Morreu o 27 de setembro de 1965 por mor dun ataque ao corazón. A autopsia revelou que sufría de aterosclerose, doenza cardíaca que puido comezar na súa adolescencia.De Vane, Mattew S. Heart Smart, John Wiley and Sons, 2006. pp. 31–32 O seu corazón amosaba cicatrices dun ataque cardíaco previo que non fora detectado.Stenn (1988) p. 281 Está enterrada no cemiterio Forest Lawn Memorial Park en Glendale (California).

Pola súa contribución á industria do cinema, Clara Bow posúe unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood.

Filmografía + Filme Ano Título Personaxe Notas 1922 Beyond the Rainbow Virginia Gardener 1922 Down to the Sea in Ships Dot Morgan 1923 Enemies of Women Moza bailando sobre unha mesa 1923 Mary Filme perdido 1923 Maytime Alice Tremaine 1923 Black Oxen Janet Ogelthorpe 1924 Grit Orchid McGonigle Filme perdido 1924 Poisoned Paradise: The Forbidden Story of Monte Carlo Margot LeBlanc 1924 Daughters of Pleasure Lila Millas 1924 Wine Angela Warriner Filme perdido 1924 Empty Hearts Rosalie 1924 Helen's Babies Alice Mayton 1924 This Woman Aline Sturdevant Filme perdido 1924 Black Lightning Martha Larned 1925 Capital Punishment Delia Tate 1925 The Girl Filme perdido 1925 Eve's Lover Rena D'Arcy Filme perdido 1925 Molly Burns Filme perdido 1925 The Scarlet West Miriam Filme perdido (consérvase o tráiler) 1925 My Lady's Lips Lola Lombard 1925 Parisian Love Marie 1925 Kiss Me Again Grizette Filme perdido 1925 Lolly Cameron Filme perdido (consérvase o tráiler) 1925 Marilyn Merrill 1925 Free to Love Marie Anthony 1925 The Best Bad Man Peggy Swain 1925 Cynthia Day 1925 The Ancient Mariner Doris Filme perdido 1925 My Lady of Whims Prudence Severn 1926 Shadow of the Law Mary BrophyFilme perdido 1926 Two Can Play Dorothy HammisFilme perdido 1926 Dancing Mothers Kittens Westcourt 1926 Fascinating Youth Clara Bow Filme perdido 1926 The Runaway Cynthia Meade Filme perdido 1926 Mantrap Alverna 1926 Kid Boots Clara McCoy 1927 It Betty Lou Spence 1927 Children of Divorce Kitty Flanders 1927 Rough House Rosie Rosie O'Reilly Filme perdido (consérvase o tráiler) 1927 Wings Mary Preston 1927 Hula Hula Calhoun 1927 Get Your Man Nancy Worthington Filme parcialmente perdido 1928 Red Hair Bubbles McCoy Filme perdido (consérvanse fragmentos, incluído o único fotograma coñecido de Bow en cor) 1928 Ladies of the Mob Yvonne Filme perdido 1928 The Fleet's In Trixie Deane Filme perdido 1928 Three Weekends Gladys O'Brien Filme perdido (consérvanse fragmentos) 1929 Stella Ames Primeiro filme sonoro de Bow 1929 Dangerous Curves Pat Delaney 1929 Mayme Título alternativo: Love 'Em and Leave 'Em 1930 Paramount on Parade Ela mesma 1930 True to the Navy Ruby Nolan 1930 Love Among the Millionaires Pepper Whipple 1930 Her Wedding Night Norma Martin 1931 No Limit Helen "Bunny" O'Day 1931 Kick In Molly Hewes 1932 Call Her Savage Nasa Springer 1933 Hoop-La Lou 1949 Screen Snapshots 1860: Howdy, Podner Clara Bow – Resort Guest Curtametraxe

Na cultura popular A personaxe Betty Boop, de Max Fleischer foi creada a partir de Bow e da artista Helen Kane (a "boop-boop-a-doop-girl"). A personaxe de Peppy Miller do filme The Artist (2011) foi inspirado principalmente por Clara Bow, e a súa intérprete, Bérénice Bejo, incluíu moitos dos movementos de Bow na pantalla.Lopez, Annemarie. "Berenice Bejo's silent movie role gets Oscar pundits talking" The Week (3 de xaneiro de 2012) Bow inspirou o nome da personaxe "Laura Bow" nos videoxogos The Colonel's Bequest e The Dagger of Amon Ra. É mencionada na canción de Prince "Condition of the Heart", do álbum Around the World in a Day, referíndose ás súas dinámicas expresións faciais. Bow é o tema da canción de 1986 "Clara Bow", do grupo The Cleaners from Venus. Jennifer Tilly interpretouna no filme Return to Babylon (2013). O personaxe de Nellie LaRoy, interpretado por Margot Robbie, no filme Babylon (filme de 2022) está dalgún xeito inspirado en Clara Bow.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Gammel, Irene (2012). "Lacing up the Gloves: Women, Boxing and Modernity", Cultural and Social History 9.3: 369–390. Jacobson, Arthur (1991). Arthur Jacobson: Interviewed by Irene Kahn Atkin. Directors Guild of American Oral History Series. New Jersey: Scarecrow Press.

Schulberg, Budd (1981), Moving Pictures, Londres: Allison & Busby, ISBN 0-7490-0127-5

TCM Film Guide (2006), Leading Ladies: The 50 Most Unforgettable Actresses of the Studio Era, San Francisco, California: Chronicle Books Vieira, Mark A. Sin in Soft Focus: Pre-Code Hollywood. Nova York: Harry N. Abrams, Inc. 1999. ISBN|0-8109-8228-5

Outros artigos Símbolo sexual Ligazóns externas Páxina oficial de Clara Bow The Unknown Clara Bow Fotos de Clara Bow Baile de Clara Bow en Hula (1927) en YouTube

Categoría:Actores de Nova York Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1965 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood