Manuela García Freire, nada en Présaras cara a 1960, é unha bibliotecaria e política galega, que foi alcaldesa de Vilasantar de 2007 a 2011.

Traxectoria Presentouse por primeira vez á alcaldía de Vilasantar nas eleccións municipais de 1999, obtendo dous concelleiros para o BNG. Nas seguintes eleccións (2003) mellorou os resultados conseguindo un concelleiro máis e finalmente no ano 2007, fíxose coa maioría absoluta, desbancando a José Manuel Taboada García, quen levaba 25 anos na alcaldía. Durante a súa lexislatura acometéronse numerosas obras como a traída de auga en Présaras ou a posta en marcha da concentración parcelaria de Barbeito.

Nas eleccións municipais de 2011, o BNG, encabezado de novo por Manuela García, perdeu a alcaldía por 27 votos fronte ao Partido Popular de Fernando Pérez. Manuela García continuou como edil e volveu encabezar a candidatura do BNG nas eleccións de 2015, nas que o PP conseguiu outra vez a maioría absoluta. En 2016, deixou a acta de concelleira.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilasantar

Categoría:Alcaldes de Vilasantar Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vilasantar

Categoría:Nados en 1960

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes