Sabela de Cambados é un filme galego de 1949 dirixido por Ramón Torrado.

Argumento No pazo de Armental, en Cambados, os marqueses de Soñeira viven un matrimonio infeliz. A marquesa Sabela (María Fernanda Ladrón de Guevara) sente que o seu marido Jaime (Rafael Bardem) non a quere. Jaime marcha a Madrid, onde vive unha vida de luxos xunto á súa curmá e amante Julia (Margarita Sandra). Un día regresa de América Juan de Mourente (Fernando Fernández de Córdoba), un indiano que fora un amor de mocidade de Sabela antes de marchar el, e do que nunca se esqueceu.

Por outra banda, o fillo de Sabela, Eduardo (Jorge Mistral), marcha estudar a Santiago e deixa soa a súa namorada Tonucha (Amparo Rivelles), quen vive no pazo como afillada de Sabela, dende que seus pais morreran.

Elenco

María Fernanda Ladrón de Guevara como Sabela. Rafael Bardem como Don Jaime. Amparo Rivelles como Tonucha. Jorge Mistral como Eduardo Armental. Fernando Fernández de Córdoba como Juan de Mourente. Xan das Bolas como Benito. Rosario Royo como Pecaditos. Carolina Giménez como Mercedes. Margarita Sandra como Julia. Félix Fernández como Don Antonio. Juana Mansó como Dona Remedios. Mario Bustos como Ernesto Mirandas. María Teresa Galiana como Carola. Arturo Marín como Martín. Fernando Aguirre como Don Pepiño Moncada. José Riesgo como Amigo de Eduardo. Domingo Rivas como Arcebispo. Rina Celi como Charito. María Luisa D. de Velasco. José de Caparrós. Fernando Rey (Voz en off).

Produción O filme foi producido por Suevia FIlms, do vigués Cesáreo González e está baseado nunha obra de teatro homónima de Adolfo Torrado. A pesar do título, non foi rodado en Cambados, o que causou indignación nos cambadeses emigrados na Arxentina que asistiron á proxección esperando ver imaxes da súa terra. A rodaxe realizouse en Santiago de Compostela, A Coruña, Betanzos, Guísamo, Sada e San Pantaión.

No filme soan varias cancións populares galegas interpretadas pola agrupación Anaquiños d'a Terra. Tamén inclúe varias escenas da romaría dos Caneiros de Betanzos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do filme en Filmaffinity (en castelán). Ficha do filme en IMDb (en inglés).

Categoría:Filmes de 1949 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes de Suevia Films