Donato Fuejo Lago, nado en Vigo o 27 de outubro de 1926, é un médico e político galego.
Traxectoria Cursou os estudos de Medicina nas universidades de Cádiz e Sevilla, licenciándose con Premio Extraordinario e doutorándose como especialista en pulmón e corazón. O seu pai foi un dos primeiros médicos españois que estudaron na Universidade Harvard cunha bolsa da Fundación Rockefeller.
Foi Xefe clínico do Hospital Universitario de la Paz e participou no primeiro transplante de corazón que se realizou en España xunto a Cristóbal Martínez Bordiú e Vital Aza.
Tivo os seus primeiros contactos coa actividade política durante a década de 1950 ao coñecer a Enrique Tierno Galván, integrándose no Partido Socialista Popular (PSP) (denominado entón Partido Socialista do Interior) e sendo un dos fundadores da Xunta Democrática. Precisamente, a convocatoria dunha rolda de prensa da Plataforma levouno a Carabanchel durante un tempo.
Nas primeiras eleccións democráticas celebradas en 1977 foi un dos tres deputados elixidos pola circunscrición electoral de Madrid na candidatura do PSP-Unidade Socialista, xunto a Tierno Galván e Raúl Morodo. Membro do Grupo Mixto do Congreso, participou de forma moi activa nas reunións e negociacións para a elaboración da Constitución Española de 1978. Despois da fusión entre o PSP e o Partido Socialista Obreiro Español, volveu ser elixido deputado, agora nas listas do PSOE pola circunscrición de Madrid na primeira e II lexislatura. Foi membro da Executiva Federal do PSOE. Foi nomeado Vicepresidente da Organización Mundial da Saúde, cargo do que dimitiu pouco tempo despois. Ocupou a presidencia da Comisión do Defensor do Pobo no Congreso dos Deputados e foi elixido vogal do Consello de Seguridade Nuclear, onde pasou a ser o seu presidente desde 1987 a 1994.
Véxase tamén Ligazóns externas Donato Fuejo: "Tengo la garantía de que me controla el Parlamento", Diario ABC, 21 de maio de 1988, pp. 22. (en castelán). Entrevista con Donato Fuejo, El País, 18 de xaneiro de 2008 (en castelán). Ficha no Congreso dos Deputados . Ficha no Consello de Seguridade Nuclear.
Categoría:Médicos de Vigo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1926 Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura) Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes