Zwickau é unha cidade alemá, no Land de Saxonia, situada nun val ao pé dos montes Metálicos, na beira esquerda do Zwickauer Mulde.

A súa poboación é de algo máis de 100 000 habitantes.

Encóntrase ao suroeste de Dresde e de Chemnitz, e ao sur de Leipzig. Pódese chegar a ela polas autoestradas A72 e A4, ademais de por ferrocarril.

Historia

A cidade encóntrase situadada na rexión histórica coñecida como Lusacia. Foi destruída polos bombardeos dos aliados durante a segunda guerra mundial.

Economía A tradición da industria automotriz na rexión remóntase a antes da segunda guerra mundial.

Volkswagen fabrica en Zwickau os seus modelos "Polo", "Golf" e "Passat".

Daimler tamén construíu antigamente unha fábrica nas aforas.

En Zwickau foi onde se creou, en 1909, a marca Audi.

Categoría:Cidades de Alemaña