Pedro de Francia, nado c. 1125 e finado c. 1183, foi o menor dos fillos do rei Lois VI de Francia e da súa segunda esposa, Adela de Savoia. Foi señor de Courtenay, Montargis, Château-Renard, Champignelles, Tanlay, Charny e Chantecoq.

Traxectoria O seu pai deulle a dignidade de abade laico da colexiata de Nantes.

Acompañou en 1147 aos seus irmáns Lois VII de Francia et Roberto I de Dreux á Segunda Cruzada, tomando parte en todos os combates, entre eles o de Laodicea e no sitio de Damasco. Entre os cruzados estaba igualmente Renaud de Courtenay, pai da súa futura muller.

Cando os seus irmáns Henrique e Roberto se rebelaron contra a autoridade do rei, o seu irmán Lois, foi o único que permaneceu fiel, en 1149-50.

Tomou a cruz unha segunda vez en 1179 co conde Henrique I de Champaña e con Filipe de Dreux, bispo de Beauvais, o seu sobriño, e pasou a Terra SantaReto R. Bezzola, Les Origines et la formation de la littérature courtoise en occident (500-1200), volume 3, H. Champion, 1966, p. 374.

Morreu entre 1180 e 1183.

Matrimonio e descendencia Contraeu nupcias con Isabel de Courtenay, filla de Reinaldo de Courtenay e Hawise de Donjon, e foron pais de 10 fillos, entre eles o futuro Emperador Latino de Constantinopla:

Filipe de Courtenay (1153 - 1186). Pedro II de Courtenay (1155-1219, Emperador Latino de Constantinopla). Alicia de Courtenay (1160-1218), condesa de Angulema polo seu matrimonio con Aymer de Talliefer. Xuntos foron pais da Raíña de Inglaterra Isabel de Angulema. Eustacia de Courtenay (1162-1235), casada con Guillerme de Brienne. Clemencia de Courtenay (1164-?). Roberto de Courtenay, Señor de Champignelles (1166-1239). Guillerme de Courtenay, Señor de Tanlay (1168-1248). Isabel de Courtenay (1169-?). Constanza de Courtenay (1170-1231).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

ligazón=|alt=|20x20px Wikimedia Commons alberga unha categoría multimedia sobre Pedro I de Courtenay.

Categoría:Finados en 1183 Categoría:Nobres de Francia Categoría:Nados no departamento de Marne